GALICIA
O Consello da Xunta aprobará mañá un Decreto de axudas para os afectados pola vaga de lumes dos últimos días
O Goberno galego habilitará axudas económicas para reconstruír e recuperar as vivendas habituais no menor tempo posible.
O Consello da Xunta de Galicia aprobará mañá xoves un Decreto de axudas para os afectados pola vaga de lumes ocorrida a pasada fin de semana.
Tal e como xa avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Goberno galego xa está a traballar coa primeira prioridade de ofrecer todo o apoio que precisen as persoas que perderon a súa vivenda habitual.
A este paquete de axudas irase sumando a posta en marcha doutras iniciativas relacionadas tamén cos danos ambientais
Así, poñeranse en marcha medidas para prestar asesoramento ás familias para orientalas e acompañalas nos trámites pertinentes e habilitaranse axudas económicas para reconstruír e recuperar as vivendas habituais no menor tempo posible.
A este paquete de axudas para reparar os principais danos patrimoniais ocasionados, iranse sumando outras iniciativas relacionadas, por exemplo, cos danos ambientais. Nesta liña, unha das accións será minimizar o impacto que poden ter os lumes nas rías, para o que o Executivo galego xa está a cartografiar os lugares que presentan maior risco de erosión, así como definindo as técnicas correctoras a aplicar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155