Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 18 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Concello de Ponteareas suministra auga potable aos afectados polos incendios

Nos vindeiros días Alcalde, Concelleira de Seguridade Cidadá e o Concelleiro de Medio Rural, acompañados de técnicos municipais, visitarán as zonas afectadas.

[Img #36009]

 

O Concello de Ponteareas suministra auga potable aos veciños da traída de augas augas de Casal, en Guláns. Nestes intres tamén traballa nas posibles vías de suministro de auga á traída de augas do barrio de Porto, en Guláns, xa que foi imposible o acceso da cisterna á zona do depósito.


Ademais, o Concello está a proceder á retirada de árbores da estrada do barrio da Ermida, en Pías e atende ás chamdas dos veciños e veciñas afectados polos incendios.


Nos vindeiros días, o Alcalde, a Concelleira de Seguridade Cidadá e o Concelleiro de Medio Rural, acompañados de técnicos municipais, visitarán as parroquias e zonas afectadas para avaliar os danos producidos polos incendios para, entre outras xestións, trasladarllos ao Presidente da Xunta de Galicia. Cos datos recollidos dos danos desta catástrofe o Alcalde de Ponteareas demandará os apoios necesarios ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ao Presidente da Xunta, Rafaél Núñez Feijoó, tal e como xa fixo o pasado luns día 16 no encontro mantido no posto de mando de Pazos de Borbén.

 

 

 

 

Convocaránse encontros cos propietarios afectados e voluntarios que desexen colaborar na recuperación dos terreos afectados

 

 

 


A partir de mañá xoves día 19 o Concello de Ponteareas habilitará un número de teléfono e un enderezo electrónico para atende aos afectados e afectadas polos incedios; ademais no concello haberá unha persoa para atender aos cidadáns que prefiran achegarse ata a casa do concello.


O concello de Ponteareas está a organizar diferentes encontros con voluntarios e veciños para recollida de información e avaliar a posibilidade de traballar de xeito conxunto con propietarios, comunidades de montes, comunidades de augas e todo aquel interesado na recuperación dos terreos afectados. Demandará os apoios necesarios para paliar esta situación de catástrofe .

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.