Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 24 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Gañamos pide a Ensinanza Secundaria de Adultos gratuita

Para Gañamos é "incontestable que a través da educación se consegue rescatar ás persoas en risco de exclusión social. Acadar o nivel de coñecementos que certifica o graduado de educación secundaria permite unha mellor inserción laboral ou acadar unha mellora profesional. Entre outras cousas, é condición indispensable para acceder a moitos postos de traballo convocados polas administracións públicas" explican.

 

Dende Gañamos explican que o "Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas establece que a educación das persoas adultas deberá atender preferentemente aqueles grupos ou sectores sociais con carencias e necesidades de formación ou con dificultades para a súa inserción laboral, promovendo a igualdade de oportunidades na consecución das habilidades consideradas básicas que permitan a participación de forma libre e autónoma na sociedade e na cultura".

 

"Este Decreto no seu artigo 13, establece que: a creación e supresión dos centros públicos específicos de educación e promoción de adultos da Comunidade Autónoma de Galicia correspóndenlle ó Goberno da Xunta de Galicia mediante Decreto, por proposta do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria" indican.

 

Así exlican que no municipio de Mos "os cursos municipais para que as persoas maiores acaden a ES son a través dacontrata cunha empresa externa cun alto custo para o estudante, mentres nos concellos da contorna como Nigrán, Cangas, Moaña, Redondela, O Porriño, Tui ou Vigo, estes cursos realízanse nos Institutos de Secundaria públicos organizados pola Consellería de Educación e nalgúns casos se complementan con iniciativas propiamente municipais resultando gratuítos en vez do onerosos que son en Mos, máxime se temos en conta a complicada situación económica de moitas e moitos dos que se inscriben nestes cursos".

 

Por isto, solicitan ao goberno municipal que "inste á Conselleria de Educación a que poña en marcha a Ensinanza Secundaria para Adultos no IES de Mos. Tamén solicitamos que ata que sexa implantada, o goberno municipal subvencione ata a gratuidade os cursos de preparación a desempregados e cobradores da RISGA ou prestacións similares que asistan ás clases".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.