Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 21 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O obradoiro de emprego Vigo Capacita IV formará a 20 desempregados durante os vindeiros nove meses

A Xunta destina a este taller, enfocado a operacións básicas de cociña e operacións de restaurante bar, preto de 280.000 euros.

[Img #36057]

 

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse esta semana ata o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares para saudar aos alumnos que iniciaron a súa formación no Vigo Capacita IV, o obradoiro de emprego posto en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

O Goberno galego destina a este taller, no que se formarán 20 desempregados nas especialidades de operacións básicas de cociña e operacións de restaurante bar, preto de 280.000 euros. Os obradoiros de emprego, a través dos que os participantes reciben formación e un contrato de traballo, ademais dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan varias novidades, entre as que destacan a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses.

 

 

 

 

No que atinxe á área territorial de Vigo, o orzamento supera os 4,2 millóns de euros para a posta en marcha de 14 obradoiros que beneficiarán a 250 desempregados

 

 

 

 

Trátase dunha actuación que o Goberno galego leva a cabo en colaboración cos concellos e que, polo tanto, fomenta a cooperación institucional. No que atinxe á área territorial de Vigo, desenvolveranse 8 obradoiros xerais e 6 específicos para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil para seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica. Á posta en marcha destes 14 talleres, dos que se beneficiarán 250 desempregados, a Administración autonómica dedica máis de 4,2 millóns de euros.

 

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.