GALICIA
Os Pactos pola paisaxe blindarán a protección e conservación da riqueza paisaxística de Galicia
Trátase dunha das medidas recollidas na Estratexia da Paisaxe Galega, presentada esta mañá con motivo da celebración do I Día Internacional da Paisaxe.
A directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, destacou que a posta en marcha dos primeiros Pactos pola paisaxe blindarán a protección e conservación da riqueza paisaxística de Galicia. Así o explicou durante a presentación da Estratexia da Paisaxe Galega. Planificación 2017-2020, con motivo do I Día Internacional da Paisaxe do Consello de Europa.
A directora recordou que os Pactos pola paisaxe é unha das medidas recollidas na Estratexia, para cumprir co obxectivo de gobernanza e, serán acordos voluntarios entre a administración pública, as entidades locais e os axentes socioeconómicos dun determinado territorio para levar a cabo medidas e accións para a protección e mellora da paisaxe desa zona. Avanzou que o departamento que dirixe xa está a traballar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) nun protocolo de colaboración para incentivar e facilitar estes pactos.
Indicou que non é a única medida que se propón para mellorar a gobernanza da paisaxe, xa que -unha vez aprobados o Catálogo e as Directrices de Paisaxe, os dous instrumentos integrais de protección, xestión e ordenación da paisaxe que abarcan a totalidade do territorio galego - tamén se implementarán plans de acción da paisaxe. Recordou que a Lei de protección da paisaxe de Galicia prevé a elaboración de plans de acción para espazos protexidos, co fin do mantemento, mellora, recuperación ou rexeneración das paisaxes presentes nesas áreas. Estes plans tratan de planificar, deseñar e coordinar actuacións de mellora paisaxística, tales como: programas específicos para a limpeza dos espazos, desmantelamento de construcións abandonadas, rehabilitación de infraestruturas existentes cun deseño de calidade que contribúa á mellora da paisaxe (miradoiros, construcións de interese, etc.).
A directora do Instituto de Estudos do Territorio indica que estes acordos voluntarios entre administración, entidades locais e axentes económicos buscan establecer medidas e accións para a mellora da paisaxe
Outra das ferramentas que se impulsará é o Consello Asesor da Paisaxe de Galicia, que será un órgano colexiado de carácter técnico e de asesoramento en materia de paisaxe, no que estarán representados os departamentos da administración autonómica, asociacións que teñan como fin a protección da paisaxe, as universidades galegas e expertos en paisaxe.
Folla de ruta ata o ano 2020
A directora do IET sinalou que a nova planificación da Estratexia da Paisaxe Galega para o período 2017-2020, aprobada recentemente polo Consello da Xunta, fixa catro obxectivos fundamentais e prioritarios: a gobernanza da paisaxe, a elaboración de ferramentas específicas para a xestión da paisaxe, a mellora e potenciación dos valores paisaxísticos e a formación e a divulgación e concienciación sobre a paisaxe.
Esta nova fase da continuidade ao traballo levado a cabo entre os anos 2014 e 2016, e que deu como froitos a aprobación do Catálogo das paisaxes de Galicia e o inicio da tramitación das Directrices de paisaxe (ambos en 2016), así como a publicación da Guía de caracterización e integración paisaxística de valados e a elaboración da Guía de cor e materiais.
No traballo previsto para os próximos tres anos, destaca o papel da paisaxe como factor de calidade de vida e motor de desenvolvemento económico, tanto por constituír un recurso para diferentes actividades, como o turismo, como polo feito de que a calidade paisaxística dun territorio atrae inversións, empresas e novos residentes ao mesmo.
Primeiro Día da Paisaxe
Esta xornada de presentación tamén serviu para celebrar por primeira vez o Día Internacional da paisaxe do Consello de Europa, tal e como se decidiu na 19ª reunión para a implementación do Convenio Europeo da Paisaxe do Consello de Europa, celebrado en Brno, na República Checa, o pasado mes de setembro.
Con esta conmemoración preténdese invitar á sociedade en xeral a celebrar a paisaxe como un compoñente esencial da contorna das persoas, unha expresión de diversidade do patrimonio natural e cultural e un fundamento de identidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208