Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 22 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Constituído o xurado dos primeiros “Premios Provinciais á Xuventud” da Deputación de Pontevedra

A convocatoria conta con sete categorías, cada unha delas con 3.000 € entre primeiros, segundos e terceiros premios e serán fallados na última quincena de novembro.

[Img #36066]

 

A Deputación de Pontevedra constituíu durante a mañá deste pasado  venres o xurado que fallará durante a segunda quincena de novembro os gañadores dos “Premios Provinciais á Xuventude”, dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados con 21.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra.

 

Nas categorías de traballo literario breve, traballo musical, fotografía e blogs haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 € e un terceiro de 500 €. Para as iniciativas sociais e empresariais e para os traballos de educación en valores establecéronse primeiros premios de 2.000 € e segundos premios de 1.000 €.

 

Para a categoría de iniciativa social o xurado está composto por Digna Rivas, deputada de Cohesión Social e Xuventude, como presidenta do xurado, e como vocais Sandra Vázquez Vázquez, xefa de sección do servizo de Cohesión Social e Xuventude; Guillermo Vergara Muñoz, vicepresidente da Fundación Paideia, e Víctor González Meizoso, xerente do Colexio Profesional de Traballadores Sociais. En canto á iniciativa empresarial, compoñen o xurado Javier Dios, deputado de Innovación e Promoción Económica, e Begoña Estévez Bernárdez, xefa do servizo de Cohesión Social e Xuventud; Pablo Fernández López, presidente de AJE Pontevedra, e Ignacio Virel, xefe de proxectos SmartPeme, como vocais.

 

Na categoría de blogs o xurado está composto por Ana Costas, directora de comunicación da Deputación de Pontevedra, como presidenta, e como vocais Begoña Estévez Bernárdez, xefa do servizo de Cohesión Social; Alberto Rivas Álvarez, membro da Asociación Galega de Blogueiros, e Rebeca Domínguez, xefa de sección de comunicación institucional. Pola súa banda, para a categoría de educación en valores compoñen o xurado Juan González, deputado de Cooperación, como presidente, e Sandra Vázquez Vázquez, xefa de sección do servizo de Cohesión Social e Xuventude; Mónica Viqueira Martínez, delegada territorial de Educo Galicia, e José Manuel Suárez, presidente da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia, como vocais.

 

Na selección dos premiados na categoría de traballo musical o xurado está composto por Santos Héctor, deputado de Promoción Turística, Fomento de Industrias Turísticas e Artesanía e Turismo Rías Baixas, como presidente, e como vocais, Begoña Estévez Bernárdez, xefa do servizo de Cohesión Social e Xuventud; José Pérez Arias, vicedirector do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, e Susana Laya Fernández, co-directora do Atlantic Fest. En canto ao traballo literario breve o xurado o conforman Xosé Leal, deputado de Cultura, Lingua e Patrimonio, como presidente, e Sandra Vázquez Vázquez, xefa de sección do servizo de Cohesión Social e Xuventude; Elena Gallego Abad, escritora e xornalista, e Francisco Castro Veloso, director da Editorial Galaxia, como vocais.

 

Por último, na categoría de fotografía orixinal, o xurado está composto por Montse Magallanes, deputada de Emprego, como presidenta e como vocais Begoña Estévez Bernárdez, xefa do servizo de Cohesión Social e Xuventud; Xulio Gil, fotógrafo, e Susana Cendán Caaveiro, vicedecana de organización académica da facultade de Belas Artes.

 

Nos xurados de todas as categorías o secretario é Carlos Cuadrado Romay, secretario xeral da Deputación de Pontevedra.

 

Durante o prazo de presentación de candidaturas a Deputación de Pontevedra recibiu preto de 100 traballos dos mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos. Deste xeito, optan ao premio un total de 29 propostas para fotografía, 24 traballos literarios breves ou 15 gravacións musicais, 12 propostas na categoría de blogs, outras 6 na de iniciativa empresarial, 3 proxectos de educación en valores e, 2 proxectos de iniciativa social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.