Mos
O Centro Dotacional de Torroso contará cun Centro de Día para maiores
Torroso inaugura o vindeiro sábado as obras de ampliación que suman 500 metros cadrados máis de superficie.
![[Img #36085]](upload/img/periodico/img_36085.jpg)
O vindeiro sábado, 28 de outubro, está prevista a inauguración do novo espazo engadido ao Centro Dotacional do medio Rural de Torroso.
As obras, que contaron cun orzamento de 825.000 euros, suporán a ampliación da súa capacidade en 500 metros cadrados máis.
En total sumarán cinco novas salas incluída unha sala de 67 metros cadrados para o Centro de Día e tamén un espazo polivalente de 150 metros cadrados máis.
Centro de Día
A nova ampliación contará con espazos con visión de converterse nun Centro de Día para a terceira idade, no que realizaranse actividades encamiñadas á mellora das condicións psicosociais dos maiores.
Deste xeito as persoas maiores non dependentes “poderán pasar as mañás de luns a venres realizando actividades que mellorarán as súas capacidades, cognitivas, motoras e sociais” segundo explica nun comunicado interno destinado aos vecinos a Comunidade de Montes de Torroso.
Entre as actividades propostas destacan “exercicios de memoria, taller de lectoescritura, traballo de psicomotricidade fina e grosa, actividades de ocio en equipo” entre outras.
Os interesados en participar nestas actividades xa poden poñerse en contacto coa Comunidade de Montes de Torroso na oficina ubicada no Centro Dotacional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155