o porriño
O documental ‘M.L.Estafanía Galicia máis oeste que nunca” este luns no Centro Cultural
![[Img #36086]](upload/img/periodico/img_36086.jpg)
O Centro Cultural Municipal do Porriño acolle o vindeiro luns, día 23 de outubro (7 da tarde) a proxección do documental ‘M.L..Estafanía. Galicia máis oeste que nunca”, e posterior charla co seu director, José Ballesta de Diego.
“M.L Estefanía. Galicia, máis Oeste que nunca”, é unha longametraxe documental, en galego e castelán de 100 minutos de duración que, mediante testemuños e material de arquivo achégase á figura de Marcial Lafuente Estefanía, popular autor de novelas do Oeste, que comezou a súa carreira en Vigo nos anos 40, da man da Editorial Cíes, a primeira galega da posguerra.
Entre os participantes destaca Federicio Lafuente, fillo de Marcial que segue escribindo as noveliñas do pai, e con profundos lazos con Vigo ao transcorrer aquí a súa infancia e adolescencia. Xunto a él entrevístase a escritores como Fernando Sabater, Xosé Luis Mendez Ferrín, ex director da Real Academia da Lingua Galega, Francisco G. Ledesma, Eduardo Mendicutti ou Domingo Villar; especialistas como Carlos Abraham, Fernando Eguidazu e Pedro Puialto; ou á popular autora de novela rosa Corín Tellado, falecida en 2009, e que concedeu a súa última entrevista para este documental.
O mesmo inclúe o considerado primeiro western galego ou grelos- western, ‘Naipe de sangue’, estrenado no Festival de Cans, en maio de 2010 e protagonizado por Silvia Superstar e Eladio Santos entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217