NIGRÁN
O Concello de Nigrán festexa o 'Día Internacional da Biblioteca' cun contacontos
O Concello de Nigrán festexa mañá o 'Día Internacional da Biblioteca' co contacontos de Raquel Queizás 'Romaría' ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal (entrada de balde ata completar aforo). Trátase dunha narración oral de 50 minutos con música, teatro e danza dirixido a cativos a partir de 3 anos. Queizás achega os nenos ao mundo rural e antigo, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido. Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo. Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas, non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo os nenos atentos, abraiados, coa boca aberta, escoitando cómplices.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208