Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

A Policía Autonómica esclarece un lume intencionado en Mos e detén a súa autora

Unha muller de Mos recoñeceu ser a causante do incendio, no que correron perigo dúas casas e no que tiveron que participar medios de extinción aéreos e terrestres

[Img #36135]

 

Funcionarios do equipo de Investigación de Incendios Forestais da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, da Xefatura Local de Vigo, procederon á identificación e localización da autora de tres incendios forestais producidos no camiño Rubial, parroquia de Petelos, do concello de Mos (Pontevedra).

 

Á autora, de 73 anos de idade e veciña do lugar dos feitos, se lle imputan tres incendios ocorridos nos anos 2013, 2016 e 2017, este último o pasado día 15 en plena vaga de lumes forestais na comunidade. No mesmo correron perigo dúas vivendas e tiveron que participar medios de extincións terrestres e aéreos. Foi no lugar de Rubial,  parroquia de Petelos, concello da Mos, e nel arderon 2 hectáreas (0,3 de arborado e 1,7 de raso). Polos feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 2 do Porriño. Na súa declaración a investigada recoñece os feitos.

 

As investigacións comezaron nos días seguintes ao lume coa realización da inspección ocular técnico policial no lugar do incendio por axentes especializados, e continuouse coa investigación do contorno rural. Despois de identificar o punto de inicio das lapas, localizouse a varias testemuñas.

 

En días posteriores e tras estudar a zona mediante medios humanos e técnicos, e tras descartar o uso de artefactos ou mecanismos que iniciaran o incendio, perfiláronse as características do autor e pechouse a investigación sobre veciños da zona, debido o sistema tradicional de inicio do lume mediante a acción directa dunha lapa sobre restos forestais.

 

Tras realizar entrevistas no contorno rural e cos moradores das vivendas máis próximas, e tras comprobar que na mesma zona se produciron incendios en anos anteriores, procedeuse a toma de declaracións. Durante as mesmas o home da presunta autora entrou en contradicións con outras testemuñas. Finalmente, a muller recoñeceu a súa autoría debido ás numerosas declaracións na súa contra e foi detida.  

 

Os lumes correspondentes ao 15 de xullo de 2013 e ao 11 de agosto de 2016 foron de dimensións mais pequenas que o acontecido neste mes de outubro e non afectaron a vivendas próximas debido as condicións climatolóxicas e á rápida actuación dos medios de extinción terrestres, pero os tres incendios tiveron lugar en días de máximo risco, cando estaba totalmente prohibida calquera tipo de queima.

 

O motivo de ditas queimas, segundo a propia declaración da presunta autora, foi a limpeza da maleza na proximidade da súa vivenda. Unha vez tomada declaración foi posta en liberdade e será posta a disposición xudicial en canto o xuíz o determine.

 

No que vai de ano son  88 as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.