SALVATERRA
Máis de 700 persoas acudiron á exposición “Xentes da Raia”
A asociación organizou os días 20, 21 e 22 outubro Xentes da Raia, unha exposición nas Covas de Dona Urraca con medio cento de fotografías, onde presentou unha curta dirixida por Gonzalo Castro Martínez onde participaron veciños de Salvaterra e Monção.
Ao longo da fin de semana do 20 ao 22 de outubro, dentro da exposición “Xentes da Raia”, adicada á memoria entre as xentes de Salvaterra e Monção antes da construción da ponte internacional.
A apertura de portas tivo lugar o venres 20 ás 19:30h e xa nas primeiras horas foron decenas de persoas ás que foron até as Covas de Dona Urraca para ver as fotografías e documentos da época.
Na exposición, dentro das preto de 80 fotografías, ademais de ver fotos de tódalas parroquias (Salvaterra ten dezasete) había diferentes espazos temáticos, entre os que cabe resaltar o adicado ao río Miño, onde se tratou o estraperlo e tamén as diferencias paisaxísticas da raia nos últimos 90 anos.
O domingo 22 tivo lugar a presentación dunha curta dirixida polo socio da asociación Lazoiro, Gonzalo Castro Martínez, onde falaron veciños de Salvaterra e Monção sobre as comunicacións, as relacións o comercio, e o estraperlo antes da construción da Ponte Internacional.
Ao final, tivo lectura un manifesto “MANIFESTO EN DEFENSA DAS COVAS DE DONA URRACA (MINAS) COMO ESPAZO PÚBLICO PARA DIVERSAS ACTIVIDADES (EXPOSICIÓNS, ACTUACIÓNS ETC.)” promovido polo BNG de Salvaterra, Grupo Municipal PsdeG-PSOE de Salvaterra, Asociación Lazoiro e a SCD Condado fronte ao peche deste lugar para convertelo nun Museo do Viño, cando xa se recibiron e gastaron fondos FEDER para realizar un Museo do Viño na Casa do Conde pero que nunca foi aberto ao público.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61