MOS
Os Bolechas e Redondo protagonizan unha fin de semana moi familiar
O programa Ocio en Familia leva ao Multiusos sendos espectáculos que abranguen a públicos infantís de tódalas idades.
A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha fin de semana familiar para familias con nenos/as de tódalas idades, xa que inclúe unha actividade para rapaces de 4 anos de idade en diante e outra dirixida a cativos de 0 a 3 anos. Ditas actuacións son ‘Os Bolechas, de Chispa a Tatá’ e ‘Redondo’, respectivamente e ambas atópanse enmarcadas dentro da programación de Ocio en Familia 2017 para o presente mes de outubro.
O espectáculo dos Bolechas ‘De Chispa a Tatá’ ten como destinatarios/as todas as familias con nenos e nenas a partir de 4 anos do Concello de Mos. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística incluída no programa Falaredes 2017 e promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Co título ‘De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas’, a proposta da popular familia dos Bolechas pretende que os pequenos mosenses percorran a súa comunidade autónoma a través de actividades e preguntas que porán a proba os seus coñecementos sobre Galicia: cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… Todo terá cabida nesta divertida iniciativa na que, coma é habitual, o protagonista será o público presente na sala, que deberá axudar ós Bolechas nas probas que lles porá Eustaquio, o “malo” desta edición e dono da pousada á que chegan perdidos os populares personaxes que están facendo o Camiño de Santiago. Para axudalos a atopar de novo a senda, Eustaquio failles probar un taboleiro de xogo que está construíndo, semellante ao xogo da oca. E aí será onde o público deberá axudalos demostrando o que saben sobre Galicia.
Ao tempo, como soe ser habitual nesta proposta, trátase de fomentar hábitos saudables entre os rapaces, de ahí que se inclúan divertidas probas físicas e de habilidade que tamén estarán relacionadas coa nosa comunidade. E, como non podía ser doutro xeito, no noso idioma, de forma que aprendan e se divirtan na lingua propia, a que usan sempre os Bolechas, e que permitirá ás cativas e cativos galegos gozar dun momento inesquecible cos seus personaxes favoritos. A actividade ten unha duración de 40 minutos.
Os Bolechas actuarán no Multiusos das Pozas (Petelos) o domingo 29 de outubro, ás 12:30 horas.
Pola súa banda, ‘Redondo’ vai dirixido a todas as familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e 3 anos do Concello de Mos. ‘Redondo’ é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con formas de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atoparán unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. É unha proposta moi visual, case sen palabras para gozar en familia. O espectáculo ten unha duración aproximada de 30 minutos, durante os que maioritariamente traballaranse as formas, as cores e os elementos naturais (mazá, verme, bolboreta…), dentro e fóra e as partes do corpo. De maneira máis abstracta, os nenos e nenas coñecerán aspectos novos de expresión cultural, música, e o comportamento necesario para observar un espectáculo artístico.
O espectáculo ‘Redondo’ terá lugar tamén o domingo 29 de outubro no Multiusos das Pozas pero será pola tarde, ás 18:00 horas.
Os obxectivos desta fin de semana familiar son, segundo explica a concelleira Julia Loureiro, “ofrecer alternativas de ocio saudable e gratuíto para todos os públicos, mellorar e aumentar os momentos de lecer compartidos entre os membros de cada familia, escoitar e comprender historias adaptadas á idade dos/as nenos/as, aprender a observar, emocionarse e gozar dun espectáculo teatral, comprender un fío argumental simple e coñecer protocolo para espectáculo da primeira infancia e fomentar o uso do galego entre os escolares”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61