SALVATERRA DE MIÑO
Máis de 800 nenos e nenas de Salvaterra de Miño participarán na Campaña de “Consumo de Lácteos nas Aulas
O Concello de Salvaterra de Miño, a través da súa 1ª Tte de Alcalde e Concelleira de Educación Marta Valcárcel, ven de presentar unha Campaña de Consumo de Lácteos dentro das aulas, actividade organizanda polo Concello dende fai anos e que se pon en funcionamento normalmente co inicio do Curso Escolar.
Máis de 800 nenos e nenas de Infantil, Primaria e do Centro Rural Agrupado serán os beneficiarios desta campaña de consumo de lácteos que busca crear hábito ente os nenos e nenas do municipio, co consumo neste caso de iogures bebibles, apostando dende un primeiro momento polo consumo de produtos galegos, neste caso leite 100% galega.
Organismos Internacionais recomendan os lácteos como alimento indispensable para a nutrición humana, xa que son especialmente ricos en proteínas e calcio de fácil asimilación, nutrientes moi importantes nas etapas de crecemento, así como para o mantemento da masa ósea e muscular. O seu consumo ten grandes beneficios xa que é un excelente aporte de proteínas, unha fonte natural de calcio, axudando a formar e manter óseos e dentes sans, contén fósforo, magnesio, potasio e vitamina A.
Un consumo diario ten uns grans beneficios, polo que con esta campaña preténdese promover e crear un hábito de consumo diario deste produto, a través do reparto de iogures líquidos, que cada centro distribúe de acordo co seu programa de actividades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61