MOS
Mos capital do deporte: o Campión de Europa de Triatlón Indoor tamén é mosense
O triatleta de Sanguiñeda foi homenaxeado esta tarde no Pavillón Óscar Pereiro.
![[Img #36196]](upload/img/periodico/img_36196.jpg)
Este martes celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro a recepción ao triatleta indoor mosense Heber Rodríguez Vaquero. Este mozo de 26 anos, veciño da parroquia de Sanguiñeda, e nado o 31 de xaneiro de 1991, ven de proclamarse Campión de Europa de Triatlón Indoor 2017.
Na recepción estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo, a edil de Política Social mosense, Sara Cebreiro; e demais membros da Corporación Municipal.
Heber Rodríguez vive en Sanguiñeda, é licenciado en Integración Social, monitor de lecer e tempo libre especializado en persoas con discapacidade, monitor de comedor escolar e ten ata o nivel 2 de Lingua de Signos, aínda que actualmente non traballa.
Rodríguez leva dous anos facendo triatlón e tres adestrando no Centro Ponte da Fundación Isidre Esteve en O Vao.
Heber adestra todos os días da semana, adicando tres días por semana, -os luns, mércores e venres-, á realización dun adestramento máis específico para as competicións. Tamén ten que coidar a dieta, xa que non pode pasar dun peso determinado no momento da competición.
Este triatleta mosense adícase ao Triatlón Indoor, que se trata dun deporte inclusivo, é dicir, que dentro dun mesmo equipo pode haber persoas con e sen discapacidade, aínda que á hora de competir cada deportista compite na súa categoría. A competición faise con máquinas de bicicleta, remo e esquí. No caso de Heber e de outros atletas coa súa mesma discapacidade a bicicleta coa que se compite é unha bici de mans.
No Triatlón Indoor hai dous tipos de competicións, unha por distancia e outra por tempo. Na competición por distancia con cada máquina os atletas participantes teñen que percorrer unha determinada distancia e a clasificación faise en función de quen tarda menos en completar todo o percorrido. Por outra banda, no caso da competición por tempo, todos os atletas fan os mesmos minutos en cada máquina, e a clasificación faise en función de quen fai máis distancia.
Heber compite nas categorías adaptadas, nas que, tanto no pasado Campionato de Europa como nos dous Campionatos de España anteriores houbo 5 persoas con discapacidade competindo.
O palmarés de Heber Rodríguez é digno de mención xa que en tan só dous anos acadou dous títulos autonómicos, dous títulos nacionais e un europeo. E é que este mozo veciño de Sanguiñeda erixiuse Campión de España 2016 (Barcelona), Campión de España 2017 (Madrid), Campión de Europa 2017 (Barcelona), Campión Galego 2016 (Vigo) e Campión Galego 2017 (Vigo/Ferrol).
Sobre el os representantes municipais Arévalo e Lorenzo destacaron “o seu afán de superación e loita contra as barreiras, sendo un exemplo de que querer é poder”, dixeron. Declararon así mesmo “a importancia da formación complementaria á actividade deportiva, da que é claro exemplo Heber, que ademais de gran currículo deportivo ten un envexable currículo académico”. E manifestaron por último “a reiteración institucional neste acto do apoio municipal ao deporte e aos deportistas mosenses, neste caso concreto ao deporte adaptado no que tamén temos grandes figuras como é todo un Campión de Europa de Triatlón Indoor como Heber”. Así de orgullosos se amosaron a rexedora local mosense e o concelleiro de Deportes, que animaron ao flamante Campión de Europa a seguir traballado duro e ser un exemplo para todos/as os/as mozos/as mosenses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61