MOS
Mos inicia un plan de lombos reductores de velocidade para os viais máis transitados
Instalaranse un total de 50 no prazo dun ano.
![[Img #36212]](upload/img/periodico/img_36212.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Contratación mosense, Alberto Méndez e o edil de Vías e Obras, Luis Alonso, informaron onte de que o Concello iniciou un plan de instalación de lombos (elevacións do asfalto realizadas no firme dos viais co obxectivo de reducir a velocidade do tráfico rodado) nas estradas municipais máis transitadas. En total acometeranse estas bandas reductoras de obra en 50 vías mosenses, comezando polas xa executadas na recentemente rematada mellora da Estrada das Baloutas.
Tamén se instalarán noutras estradas moi concorridas como a Estrada da Vía, a Estada Pereiras-Tameiga e a Estrada das Pozas, humanizada fai un ano, entre outras. Ademais este elemento reductor de velocidade incorporarase tamén nos viais nos que se vaian acometendo novas capas de rodadura e cuxa afluencia de tráfico así o requira. “Deste xeito preténdese incrementar a seguridade viaria tanto para os veciños e veciñas das zonas beneficiarias desta medida, como para os viandantes e conductores que transiten polas mesmas”, declararon os representantes municipais Arévalo, Alonso e Méndez.
Tal e como se dixo, a primeira estrada na que se instalaron os lombos obxecto deste plan foi a das Baloutas, cuxos traballos de mellora rematáronse onte dentro dun grupo de tres obras de mellora da seguridade viaria nos seguintes viais: Baixada a Bos Aires, Estrada das Baloutas e Camiño da Zapateira. Dos tres viais, dous xa están rematados: o da Zapateira e o das Baloutas; e o terceiro, a Baixada a Bos Aires, está acometéndose.
Os traballos realizados nestes tres viais fináncianse con cargo ao Plan Provincial de Concellos 2016, e teñen un orzamento (proxecto incluído) de preto de 130.000 euros.
Nos tres viais realizáronse traballos previos de desbroce e limpeza previos á obra propiamente dita. No caso da Baixada a Bos Aires (parroquia de Dornelas) mellórase a circulación pola vía mediante o asfaltado da mesma nunha lonxitude que supera os 700 metros.
No caso da Estrada das Baloutas (Torroso-Petelos) executouse unha obra de optimización da seguridade viaria ao longo dos 1.207,270 metros do vial mediante asfaltado con mezcla bituminosa continua en quente, recrecido de pozo o arqueta e acometida de cuneta triangular con talud exterior e interior.
Pola súa banda, o Camiño da Zapateira (na parroquia de Mos) foi obxecto de traballos de reposición do firme ao longo do seu quilómetro e medio de extensión, tamén mediante mezcla bituminosa continua en quente.
En total, entre os tres viais, mellórase a seguirdade viaria de tres quilómetros e medio de vías municipais; continuando co compromiso do goberno local de manter en óptimas condicións as estradas e camiños do Concello en aras de preservar a seguridade de condutores e peóns. Dito compromiso é o que fai que anualmente se asfalten en Mos unha media de entre 6 e 8 camiños municipais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123