Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 29 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Biblioteca Municipal do Porriño distinguida nos ‘Premios María Moliner 2017’

[Img #36216]

 

A Biblioteca Municipal, que depende directamente da Alcaldía do Porriño, é unha das bibliotecas distinguidas nos Premios María Moliner 2017 de animación á lectura. No conxunto de Galicia o número de bibliotecas seleccionadas foi de 14.


Este concurso de carácter nacional, convocado polo Ministerio de Cultura, ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas municipais que leven a cabo un proxecto que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías.


A Biblioteca Municipal do Porriño foi galardoada polo conxunto de actividades que desenvolve ao longo do 2017 que teñen coma obxectivo tentar que a nosa biblioteca municipal se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social e acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.


Cabe mencionar que a Biblioteca Municipal do Porriño ten sido seleccionada nestes premios 13 veces desde o ano 2002, conquerindo, en 2006 o 1º Premio Nacional María Moliner de Animación á Lectura e unha Mención Especial do mesmo premio no ano 2008.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.