Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Viernes, 27 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

A Eurocidade Tui-Valença acolle a reunión da Federación de Academias de Gastronomía de los Caminos de Santiago

Esta noite os membros da Federación realizan unha visita guiada ao conxunto histórico de Tui e mañá manterán unha reunión de traballo á que asistirá o alcalde e o xerente do Xacobeo.

[Img #36255]

 

A Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana unha reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago. A primeira cita do programa previsto terá lugar ás 16h no Parador Nacional de Turismo San Telmo de Tui cunha reunión para admitir coma membro da Federación á Academia de Gastronomía Portuguesa do Camiño de Santiago. Con esta incorporación pasan a ser unha federación de carácter internacional, tendo amais solicitudes de academias francesas e italianas. Posteriormente os asistentes visitarán a Quinta do Amarál en Portugal e de regreso a Tui realizarán unha visita guiada ao conxunto histórico.


Mañá ás 9.30h no Parador manterán unha nova reunión de traballo á que asistirán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Turismo, Andrés Urseira, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.
Posteriormente desprazaranse até O Rosal para realizar unha visita á adega Terras Gauda. A xornada concluirá cunha visita á Fortaleza de Valença.


Dende a súa creación en 2012 a Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago, ten por obxectivo promocionar a gastronomía e os produtos dos lugares por onte transcorre o Camiño de Santiago. Traballa amais na investigación da cultura gastronómica vinculada á ruta xacobea. A Federación está formada polas academias gastronómicas por onde pasa algúns dos Camiños de Santiago, en concreto de Galicia, Castela e León, Asturias, Extremadura, País Vasco, Rioxa, Navarra e Cantabria.


A celebración en Tui desta reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago pon de relevo nunha nova ocasión a importancia que o Camiño de Santiago ten para o municipio en moi diversos ámbitos dende o turístico, cultural, social, económico e tamén gastronómico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.