Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 28 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG considera que "de La Torre tomou parte a favor das posicións empresariais de Madeiras Iglesias"

O acordo plenario do día 4 de outubro, a instancia do BNG,  solicitaba do goberno municipal a súa mediación no conflito laboral de Madeiras Iglesias  para “que iniciara os contactos necesarios coa dirección da empresa coa finalidade de frear a destrución de emprego, garantir os dereitos laborais e impedir o peche do centro de traballo do Porriño” ,e "non para participar nunha asemblea de traballadores/as convocada polo empresario e alienarse coas posicións da empresa, coa finalidade de forzar a desconvocatoria das mobilizacións previstas" segundo o BNG.


Dende o Bloque Nacionalista Galego aseguran que "non compartimos a mediación realizada pola  alcaldesa do Porriño e o concelleiro de industria na asemblea do día 18 nas instalación de Madeiras Iglesias,  porque o goberno municipal deixouse utilizar pola estratexia da empresa  de responsabilizar a plantilla de persoal e aos seus representantes sindicais da situación da empresa; de limitar a súa mediación simplemente aos pagos das últimas pagas extras pendentes   e a un cumprimento mais equitativo da aplicacións dos ERE´s,- que tamén era necesario-. Pero non aproveitou  a alcaldesa a súa presenza na asemblea para solicitarlle  ao empresario, alí presente,  que fora honesto diante do persoal de dos representantes do concello do Porriño e Mos, e que explicara con total transparencia, sen gardarse cartas na manga,  a situación real da empresa  e a presentación dun plan de viabilidade que poida garantir a continuidade da empresa e polo tanto garantir os postos de traballo".


O BNG "non acepta, a posición da empresa cando supedita a viabilidade da empresa a continuidade dos expedientes de regulación de emprego , despois de sete anos de aplicación, como único plan de viabilidade. Emprazamos ao goberno municipal a que convoque unha reunión cos representantes sindicais e a empresa , no prazo mais breve posible, coa finalidade de abordar a situación real da empresa e a súa viabilidade".


A instancia do BNG o parlamento galego aprobou,  o mércores  18 de outubro,   unha iniciativa parlamentar, que foi aprobada por unanimidade,  na que se demandaba  que o “ goberno galego fixera as xestións necesarias ante a direccións da empresa  Madeiras  Iglesias coa finalidade de frear a destrución de emprego, garantir os dereitos laborais e procurar a viabilidade e continuidade da empresa”. "Demandamos do goberno municipal que realice a xestións precisas ante o goberno galego para que se avance no cumprimento real de dito acordo e se consiga a viabilidade da empresa. E tamén demandamos  do Partido Popular, que o seu apoio, a iniciativa aprobada no parlamento, non sexa en balde e fagan efectivo o seu compromiso para conseguir a viabilidade da empresa" explican dende o BNG.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.