Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 29 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa e o concelleiro de Industria negan que defendesen a posición de Maderas Iglesias

De la Torre cualifica de “vergoña” que o BNG do Porriño tente aproveitar un conflito como o de Maderas Iglesias e a situación de enorme dificultade na que están os seus traballadores para recuperar unha relevancia política que xa non ten.

Eva García de la Torre cualifica de “vergoña” que o BNG do Porriño tente aproveitar un conflito como o de Maderas Iglesias e a situación de enorme dificultade na que están os seus traballadores para recuperar unha relevancia política que xa non ten.


A alcaldesa do Porriño nega, “absoluta e completamente”, que ela ou o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, que acudiron a unha xuntanza cos empregados e coa dirección da empresa, mantivesen ou expresasen posición algunha a prol desta última e subliña que “cumprimos, ao pe da letra co mandato do Pleno do Concello para mediar nesta situación facendo, exactamente, o que a Corporación decidiu, en base ao que dixo diante do Pleno o representante dos traballadores”.


García de la Torre reitera que a mesma asamblea de traballadores aprobou esta mediación e expresou as súas demandas na existencia de débedas por parte da empresa e no feito que que o cumprimento do Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) non estaba a ser equitativo.


A alcaldesa e o concelleiro de Industria, como manifestaron os propios empregados, comprobaron que unha parte moi importante do que lles adebedaba a empresa fora xa abonado, quedando pendente unha parte correspondente ao mes de xullo e, tamén constataron, “porque así o expresaron os mesmos traballadores” que mentres parte deles estiveron dentro do ERE centos de días, esgotando, ou estando a piques de esgotar as súas prestacións por desemprego, outros non pasaron nin un día de ERE, polo cal dacordo con eles, pediron unha aplicación xusta do mesmo.


Eva García de la Torre, salienta, “como puideron comprobar os traballadores”, que non está a prol da empresa senón “a prol da viabilidade da empresa, que é moi distinto”, e “do mantemento dos empregos, algo que para os empregados de Maderas Iglesias quedou ben craro, tanto como o feito de que non son eles, á vista está, os que están descontentos coa mediación do Goberno do Porriño” que, lembra a alcaldesa, maila a non ter competencia algunha en materia de Emprego, vai seguir facendo o posible e o imposible para que Maderas Iglesias siga adiante e para que se cumpran os dereitos dos seus traballadores, “empezando polo dereito que teñen a manter o seu emprego e a percibir o seu salario”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.