Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 30 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denunciará ao Alcalde ante a fiscalía pola situación que se atopan moitas vivendas rodeadas de maleza

[Img #36269]

 

O Portavoz Municipal Juan Carlos González Carrera advirte ao Alcalde que se "de continuar así a súa actitude en non tomar medidas nas parcelas cheas de maleza que rodean as vivendas no rural así como un número elevado de vivendas no centro urbano que os veciños ven o abandono que o Concello tenos ao non esixirlles aos seus propietarios para mantelas limpas".


O grupo municipal ACiP denunciou en varias ocasións a situación das propiedades sen limpar que rodean vivendas  "máis a ultima vez asido no mes de xullo e a situación segue igual".


"As normas hai que cumprilas e senón o Concello ten os mecanismos necesarios para que se cumpran aplicando a lei 3/2007 do 9 de abril de prevención contra os incendios forestais  competencia que é do Concello" explican.


"O Concello xustifícase en que xa comunicou ao propietario pero cabe lembrar ao Sr Represas que a propia Lei esixe que sexa o propio Concello quen proceda á súa limpeza si os propietarios non o realizan pasándolle os gastos ao propietario e a sanción correspondente  e neste caso o cobro se é posible a trabes do propio ORAL" din dende ACIP.


"Moito desconfiamos que o Sr Represas non quere chegar a esas situacións para non quedar mal cos propietarios pero lembrámoslle que a seguridade dos veciños está por encima que calquera irresponsabilidade ou abandono das súas funcións  pola súa banda" explican.


O Portavoz Municipal de ACiP Juan Carlos González Carreira explica que "no propio centro urbano realizamos unhas exhaustivas visitas ás propiedades que están en total abandono segundo as denuncias veciñais a mais realizamos unha reportaxe fotográfica para desmontar a desculpa do goberno municipal que pronto dirá que son casos illados e non é así".


"O mesmo ocorre no medio rural Parroquias onde a situación agrávase a mais cando as vivendas atópanse en casos illadas e a situación agrávase a máis da maleza co arboledo que lles rodea".


"Esta situación á parte da gravidade do perigo de incendios forestais agrávase cun problema de saúde pública con entrada ratas e animais nas vivendas", sinalan.


Aseguran que "Parece mentira no Sr Represas denuncie a situación dos incendios forestais na vaga de incendios que padecemos nos últimos días que nos parece correcto pero el se inhibe nas súas responsabilidades deixando aos veciños abandonados, cabe lembrarlle que o perigo de incendios segue nestes momentos   dando máxima alerta para este fin de semana polo que lle esiximos responsabilidade".


Conclúen que "o que antes parecía imposible agora pasa ou senón só o reflexo da cidade de Vigo que como cidade sufrido os propios incendios no centro urbano".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.