TUI
O novo equipo de goberno inicia os trámites para suprimir o imposto de plusvalías
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, considera que se trata dun imposto "inxusto"
O equipo de Goberno de Tui suprimirá o imposto de Plusvalías polo que anualmente se recadan 68 mil euros, segundo o recollido nos últimos orzamentos municipais. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, deu instrucións aos departamentos de tesourería e intervención municipais para iniciar os trámites de cara a derogación dun imposto que considera “inxusto”, e cuxa supresión era precisamente un dos puntos do acordo programático do novo goberno municipal.
Carlos Vázquez Padín explica que se trata dun imposto “inxusto xa que actúa coma un segundo imposto de sucesións e doazóns” apuntando que se cobraba incluso naqueles casos onde hai unha desvalorización da propiedade. Con esta medida segundo o rexedor tudense “serán preto de 70 mil euros que quedarán en mans dos contribuíntes coma renda dispoñible para o que eles decidan, aforrar, investir ou consumir”.
Dende o departamento de tesourería e intervención iniciarán agora a tramitación do expediente correspondente elaborando a proposta de derogación do imposto que deberá ser levada a comisión informativa e posteriormente a pleno para a súa aprobación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213