Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 30 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello de Tomiño inicia as obras de remodelación do Mercado de Goián

O novo espazo está deseñado para convertirse nun lugar de encontro e de promoción do comercio de cercanía.

[Img #36278]

A semana pasada deron comezo as obras de remodelación do edificio do antigo Mercado de Goián. O proxecto contempla dous fases, esta primeira na que se rehabilitará a parte frontal do edificio como un novo e moderno mercado, axustado ás necesidades actuais, e unha segunda fase de adecuación do resto do edificio para usos socias, culturais e artísticos.

 

O novo mercado albergará 4 postos: un posto de pescado, un posto de carte, outro adicado á froita e verdura e outro de flores.

 

O deseño do proxecto do novo mercado elaborouse coa participación da poboación a través dun proceso participativo, mediante o cal elaborouse o plan de usos e o proxecto para remodelar a parte frontal do edificio onde ubicaráse o novo mercado, que levaba tempo pechado.

 

 

 

 

O mercado contará con postos de pescado, carne, froita e flores

 

 

 

 

O importe total do investimento rolda os 110.000 euros, dos que 70.000 serán achegados pola Consellería de Industria, logo de que esta aprobara o proxecto dentro da convocatoria “Espazos de Emprendemento Comercial no Rural” o pasado verán. O Concello sufragará o resto do investimento con fondos propios.

 

A finalización da obra está prevista para o vindeiro mes de decembro, de cara á campaña de Nadal. Paralelamente á última fase das obras levarase a cabo o proceso de información para a adxudicación dos postos ás persoas interesadas, a través de subasta pública.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.