GALICIA
Máis de 180 concellos galegos contarán con novos contedores de envases e papel-cartón
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, xunto co conselleiro delegado de Ecoembes, Óscar Martín, presentou esta semana unha serie de iniciativas para fomentar a reciclaxe.
![[Img #36328]](upload/img/periodico/img_36328.jpg)
Máis de 180 concellos galegos recibirán en próximas datas preto de 2.500 contedores de envases (amarelo) e papel-cartón (azul), co fin de incrementar as súas taxas de reciclaxe. Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, que este luns presentou xunto co conselleiro delegado de Ecoembes, Óscar Martín, unha serie de actividades que se levarán a cabo na Comunidade galega no marco do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, co fin de fomentar a reciclaxe.
A conselleira salientou que esta liña de actuación conta cun orzamento de 700.000 euros e completará a actual rede de colectores que hai na Comunidade, con máis de 30.000 de envases lixeiros e máis de 12.000 de papel-cartón, polo que se incrementa o parque de contedores nun 6% e un 4%, respectivamente.
Outra das medidas que se levará a cabo nas catro provincias será o proxecto Horeca, unha iniciativa para fomentar que os negocios de hostalería, restauración e catering realicen unha separación de envases en orixe. Trátase dunha iniciativa que xa se levou a cabo na cidade de Ourense e que grazas ao seu éxito, con máis de 200 locais adheridos, se ampliará a 20 novos concellos e a Mancomunidade do Morrazo.
Mato Otero explicou que é un proxecto que se implantará en tres fases, cunha visita e explicación aos empresarios; aqueles que, voluntariamente, se adhiran á iniciativa reciben formación para a correcta separación de envases en orixe e se lles dota cos cubos necesarios e se lles entrega o distintivo de Ecohosteleiro; por último, é o propio establecemento o que separa os envases e os deposita nos contedores municipais. O importe desta actuación é de 250.000 euros.
Reciclaxe en feiras e feiróns
Outras das iniciativas que se promoverá é unha campaña para o fomento da reciclaxe en feiras, feiróns e eventos gastroculturales, unha campaña que xa está adxudicada por un importe de 300.000 euros e que se prolongará ata o próximo ano. O principal obxectivo desta acción é realizar un labor de concienciación e información para fomentar entre a cidadanía unha correcta reciclaxe dos envases.
A conselleira de Medio Ambiente explicou que esta cultura de fomento da reciclaxe tamén se levará a aqueles lugares nos que hai que ser máis coidadosos: os parques naturais. Promoverase a colocación, ou se substituirá aquela que se atope deteriorada, de carteis e distintivos nas Fragas do Eume e no Monte Aloia. Unha iniciativa que comezará de xeito inmediato, en novembro, e que será realizada por unha empresa de inserción social.
Beatriz Mato recordou que non só se activan medidas e iniciativas, senón que tamén se melloran as instalacións, como é a obra que incrementará os coeficientes de reciclaxe e rendemento da planta de tratamento de Nostián, como mínimo nun 15% respecto das cotas actuais. Lembrou que a Comisión de seguimento do convenio marco entre Ecoembes e a Xunta aprobou os investimentos e a memoria técnica da obra, cuxo importe é de 600.000 euros.
Economía circular
A conselleira de Medio Ambiente afirmou que Galicia está dando pasos avanzados e importantes para implantar dun xeito real e efectivo a economía circular, que terá unha cita decisiva a finais de novembro coa celebración do Congreso de Economía Circular dirixido ao sector empresarial.
Neste encontro presentarse o traballo que está a realizar a Xunta nesta materia mediante a posta en marcha da estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, coa que se fixarán as liñas de actuación a longo prazo na loita contra o cambio climático; a elaboración da Estratexia galega de Sustentabilidade Ambiental, centrada en crear unha economía eficiencia, sostible e baixa en emisión de carbono, e, en terceiro lugar, a Estratexia galega de Economía circular cuxo obxectivo é impulsar un consumo informado e responsable e abandonar o caduco sistema lineal de fabricar-usar-tirar a través do máximo aproveitamento dos recursos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123