GALICIA
Medio Ambiente destaca a importancia do sector inmobiliario nunha paisaxe urbana coidada
A directora xeral do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, presentou este luns aos membros das asociacións provinciais de promotores inmobiliarios da Coruña e Pontevedra a nova ferramenta para loitar contra o feísmo.
![[Img #36346]](upload/img/periodico/img_36346.jpg)
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio presentou este luns a Guía de cor e materiais de Galicia a membros do sector inmobiliario da Coruña e Pontevedra como a nova ferramenta para a loita contra o feísmo e a promoción dunha ordenación urbana coherente e harmoniosa. Foi durante unha reunión de traballo que a directora xeral do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, mantivo con representantes das asociacións provinciais da Coruña e Pontevedra dada a importancia deste sector na consecución dunha paisaxe urbana coidada e coherente e na promoción da diversidade harmónica no patrimonio arquitectónico galego.
Durante este encontro, a responsable do IET explicou que se trata dun manual no que se recollen diferentes recomendacións para optimizar o xeito no cal as construcións se integran na paisaxe, tanto os edificios novos como os rehabilitados, co fin de acadar a harmonía e a coherencia. Do mesmo xeito, sinalou que son propostas e recomendacións, polo que para que sexa realmente útil, cómpre asumir estas indicacións como propias.
Neste senso, animou aos membros das asociacións de promotores inmobiliarios a seguir na senda trazada coa publicación deste guía e a contribuír co seu traballo na concienciación social sobre a importancia de velar pola coherencia na paisaxe urbana por canto redunda nun bo balance socioeconómico.
Santé salientou que se trata dun manual no que se recollen recomendacións para optimizar o xeito no cal as construcións se integran na paisaxe co obxectivo de potenciar a diversidade harmoniosa no patrimonio arquitectónico galego
Deste xeito, os representantes do sector mostraron o seu compromiso de difundir o contido da guía a través das distintas actividades formativas que organizan desde os seus colectivos, así como potenciar a súa presencia en premios e certames.
Coa reunión de hoxe, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio avanza na rolda de contactos iniciada a pasada semana con técnicos da Fegamp co fin de dar a coñecer esta nova ferramenta e favorecer a posible aplicación destas recomendacións nos distintos instrumentos de ordenación. Así, continuarase coa labor de divulgación e promoción do contido da guía entre os distintos axentes sociais e colectivos de profesionais do sector.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123