Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 31 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O Club Louro Tameiga presentou aos seus equipos da tempada 2017-2018

O acto de presentación celebrouse o pasado domingo pola tarde no Campo de Fútbol de Cototorrón.

[Img #36371]

 

O pasado domingo, 29 de outubro, celebrouse a presentación do Club Louro Tameiga, á que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo, e o tamén edil mosense, Luis Alonso. O acto estivo encabezado polo presidente do Club, Patricio Farrapeira Bargiela, xunto co resto da directiva da entidade deportiva.


O Club Louro Tameiga, que conta con máis de 50 anos de historia, renovou unha vez máis para a presente tempada 2017-2018 a Escola da Fundación Celta de Vigo.


Os equipos que se presentaron o pasado domingo foron os das categorías senior, xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns, prebenxamíns; e a Escola Fundación Celta. Así como tamén foron presentados os corpos técnicos de todos os equipos e os adestradores e monitores da Fundación Celta.


Aproveitouse o acto para facer tamén a presentación oficial do novo coordinador do club, Fernando Rodríguez Sestelo "Nando".


O evento deportivo culminouse cun gran magosto para todos os asistentes seguido de diferentes sorteos entre os que se atopaban unha unha camiseta do Real Club Celta de Vigo asinada pola primeira ‘plantilla’ e unhas botas de fútbol asinadas polo dianteiro do Real Club Celta de Vigo, Iago Aspas.


O Campo de Fútbol de Cototorrón contou o domingo cunha gran asistencia de público nunha tarde que finalizou coa disputa da 9ª xornada da Segunda Autonómica Grupo 11 entre o equipo local, o Club Louro Tameiga, e o Tomiño C.F. O Louro goleou por 4 -1 ao equipo tomiñés.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.