GALICIA
Os encoros atópanse ao 49 por cento da súa capacidade total
As presas de Forcadas, Caldas de Reis e Beche sitúanse entre o 50 e o 60 por cento, mentres que as de Cecebre, Eiras e Zamáns presentan valores arredor do 40 por cento.
Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 47 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 48,85 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 47,07 por cento. Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos a 30 de outubro, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 326,01 Hm3, dos 690,15 (volume total).
As presas abastecemento de Forcadas, Caldas de Reis e Beche presentan valores entre o 50 e o 60 por cento da súa ocupación, mentres que Cecebre, Eira e Zamáns, sitúanse arredor do 40 por cento. Ademais, hai outras presas que presentan índices distintos en función da súa capacidade e uso, como é o caso de Baiona, Vilagarcía ou Pontillón do Castro cuxos valores están entre o 32, 10 e 84 por cento, respectivamente.
En relación ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, a de Touro é o de maior volume
No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Touro é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 89,42 por cento. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase un 12 por cento por debaixo, xa que o 30 de outubro de 2016 estaban ao 53,76 por cento, fronte ao 47,24 por cento actual.
Aquí poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2016-2017.
Reunións cos concellos
Entre o pasado venres, día 27 e este luns día 30, os responsables de Augas de Galicia mantiveron reunión de seguimento con 41 concellos das seis áreas nas que está decretada a alerta. Neses encontros, analizouse un a un a situación de cada concello e plantexouse revisar nestes días o impacto das medidas tomadas, co fin de establecer novos obxectivos de cara aos próximos meses en función da situación, das previsións meteorolóxicas e dos datos de consumo manexados polas entidades locais.
Augas de Galicia mantivo reunións de seguimento cos 41 concellos das áreas nas que foi decretada a alerta por seca co fin de analizar un por un a situación de cada municipio e formular novos obxectivos para os vindeiros meses
Cómpre recordar que o abastecemento á poboación está garantido nos grandes sistemas de abastecemento e, polo momento, as medidas non afectan ao abastecemento doméstico.
Desde Augas de Galicia, reitérase a necesidade de realizar un uso responsable da auga e máis tendo en conta a situación de prealerta por seca na que se atopa a Comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115