GALICIA
A nova Facultade de Medicina custará 430.000 euros
![[Img #36421]](upload/img/periodico/img_36421.jpg)
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta semana na rolda de prensa do Consello a aprobación da sinatura do convenio coa Universidade de Santiago para financiar a redacción do proxecto do novo edificio da Facultade de Medicina e Odontoloxía, no que a Xunta investirá 430.000 euros.
Unha vez que finalice a redacción do proxecto, será a universidade a encargada de licitar e executar as obras correspondentes.
Feijóo aseverou que este convenio supón unha obriga para favorecer a integración da actividade docente, investigadora e clínica, posto que na zona da Choupana, onde se construirá a nova facultade, xa se sitúan algúns dos centros de investigación que se agrupan no bioclúster das ciencias da saúde Campus Vida.
Lembra que en abril de 2016 o Sergas apoiou o concurso de ideas para a redacción do proxecto e, neste mes de xuño, a Universidade rematou os trámites e formalizou a adxudicación do proxecto básico a unha proposta arquitectónica bautizada Enxebre
Durante a súa intervención, o titular da Xunta lembrou que en abril de 2016 o Sergas apoiou o concurso de ideas para a redacción do proxecto do novo edificio e, neste mes de xuño, a Universidade rematou os trámites e formalizou a adxudicación do proxecto básico a unha proposta arquitectónica bautizada Enxebre.
Polo tanto, o que hoxe se aproba é o cofinanciamento do proxecto básico, do que ten que saír posteriormente o proxecto construtivo e, a partir de aí, a construción da nova facultade de Medicina que, segundo asegurou o presidente da Xunta, obrigará a ampliar o hospital clínico, no que xa se está a traballar, dado que a facultade vai empregar instalacións hospitalarias que están en funcionamento na zona da Choupana.
Como asegurou Feijóo, trátase dunha obra “moi ambiciosa” posto que se trata de construír un novo edificio para unha facultade que leva séculos formando os profesionais sanitarios de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115