Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 06 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello de Tomiño leva a cabo unha nova obra de asfaltado en Sobrada

A obra permitiu unha mellora a tres bandas: ancheamento, canalización das pluviais e asfaltado novo.

[Img #36425]

 

Os operarios municipais comezaron os traballos o pasado mes de setembro e na actualidade a vía atópase xa a pleno rendemento. Trátase dun vial moi concorrido da parroquia, que vai dende o colexio CEIP de Sobrada, con aproximadamente 70 alumnos e alumnas nas súas aulas, ata a estrada xeral PO350, prestando servizo a un núcleo urbano que conta con aproximadamente un milleiro de persoas.


O Concello de Tomiño detectou nestes últimos tempos que a estrada precisaba unha obra de mellora, xa que estaba danada polas raíces dos pinos. Deste xeito, retiráronse as raíces que deterioraban o firme e aproveitouse para incluír unha nova canalización das augas pluviais e facer un novo asfaltado do camiño.


O novo pavimento, con arredor dun metro máis de anchura que o anterior, permite mellorar a visión na zona e aumentar a seguridade vial dos veciños e veciñas. O investimento aproximado para esta mellora foi duns 34.000€ e, ademais da aportación do Concello de Tomiño, contou coa co-financiación da Xunta de Galicia.


Na actualidade, o Concello de Tomiño está pendente da posta en marcha e execución do Plan Marco de Arranxo de Camiños Rurais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que previsiblemente será executado no 2018, para continuar así coas obras de mellora e restablecemento de outras vías públicas do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.