SALCEDA DE CASELAS
Os socialistas de Salceda piden actuacións para o Plan Concellos 2018 da Deputación
O concello de Salceda de Caselas solicitará a comezos de ano o Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
![[Img #36443]](upload/img/periodico/img_36443.jpg)
Dende o partido socialista de Salceda fan fincapé unha vez máis no Plan Concellos que dispón de tres liñas de actuación, na que "unha delas pode ir destinada a contratación de persoas para realizar traballos municipais, polo que lle pedimos ó Alcalde que, na situación actual de desemprego no que se atopan os nosos veciños e veciñas, se dedique esta porcentaxe íntegra a contratación".
Por outra banda, o concello vai dispoñer tamén dunha liña de gasto corrente e amortización, que axudará a aliviar a situación das contas do concello, en gastos correntes como o alumeado. Lembran as concelleiras socialistas “que se leva destinado por dous anos consecutivos cantidades importantes ó alumeado público dentro do Plan Concellos da Deputación”.
As necesidades máis urxentes dos veciños
En canto os investimentos, o PSOE esixe ó Alcalde que se inverta en infraestruturas útiles e de urxente necesidade, “todas as obras son boas para Salceda, pero primeiro débense cubrir as necesidades máis básicas e urxentes, que Salceda ten moitas e son evidentes para todos”, recalca a concelleira Gela Ledo.
Unha vez máis, a voceira local, Verónica Tourón insta ó Alcalde e a o seu goberno a que realice as xestións necesarias para dar solución a accesibilidade do actual centro de saúde con este Plan, pois é primordial e urxente arranxar esta situación. “Os pais, nenos e nenas e veciños en xeral que sofren esta situación son salcedenses, esta situación hai que arranxala xa, da igual se o diñeiro ven da Deputación, Xunta ou Concello, pois ó final estamos a falar do diñeiro de todas e todos”.
"Por suposto, isto non substituíra en ningún caso a necesidade máis grande que ten Salceda que é o novo centro de saúde, que os socialistas levamos reivindicando dende o ano 2009. No caso do centro de saúde os socialistas desmarcámonos da pelexa existente entre o goberno municipal e o goberno da Xunta de Galicia consideramos que é cuestión de vontade política e que debemos traballar xuntos”. “A recepción dos terreos e a licenza de obra acaba de facerse real no último mes, pero a Xunta non dispón de partida específica nos orzamentos e tampouco da datas, co que a accesibilidade segue sendo primordial mentres o novo non se fai realidade, ademais quedaría adaptado un edificio municipal ó que haberá que darlle un uso posterior”, sinala Verónica Tourón.
"Entre as obras que consideramos os socialistas ás que se debe destinar este Plan, tamén se encontran pequenos tramos de saneamento, poñendo por exemplo, o caso que se está a dar no barrio da Bouzavedra, no que arredor de 20 familias se atopan nunha situación insostible" explican.
"Arranxar e adaptar os parques infantís nas parroquias para facelos accesibles a todos e todas é tamén unha conta pendente que ten Salceda cos seus nenos e nenas, e que as concelleiras socialistas solicitan que tamén se leven a cabo dentro deste plan" engaden dende o PSOE.
Tampouco se esquecen da "atención á xuventude dende o grupo municipal socialista, insistindo en que na liña de emprego se contrate un equipo psicosocial de apoio a xuventude, con especial fincapé nos rapazas e rapaces do IES Pedras Rubias".
Por último solicitan " que o concello cree unha liña de axudas ás asociacións, transparente e con criterios obxectivos, xa que agora son os concellos os que dispoñen dese diñeiro que antes repartía a Deputación. O equipo de Goberno, deixa sen atender estes colectivos cando realmente dentro do Plan Concellos reciben ese diñeiro que antes repartía a antiga deputación sen criterios obxectivos".
En resumo, esixen ao goberno local que "cumpra coa súa función e atenda as necesidades máis urxentes para a nosa poboación, e deixe de gastar en maquillar Salceda, porque todos sabemos que as necesidades son outras".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115