O PORRIÑO
O Porriño volve a liderar a creación de emprego na Área Metropolitana
A taxa de paro 17,8%, e a finais de outubro traballaban na vila 500 veciños máis que cando o actual goberno local chegou ao concello
![[Img #36445]](upload/img/periodico/img_36445.jpg)
O Porriño liderou en outubro, xunto con Salceda de Caselas, a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo, como xa pasara no me de setembro. "A finais do mes pasado había na vila 1.642 persoas desempregadas, unha realidade inaudita no Porriño dende hai preto dunha década" segundoa seguran dende o Concello.
Dacordo cos datos publicados este venres polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social,a taxa de desemprego situouse no Porriño no 17,8%, en total 5,3 puntos menos que cando o actual Goberno Local empezara o seu mandato, cando 2.139 porriñeses estaban na procura dun posto de traballo, preto de 500 máis que na actualidade.
En relación co mes de outubro de 2016, o número de veciñas e veciños anotadas coma demandantes na oficina do Servizo Galego de Emprego do Porriño baixou de 1.893 a 1.642, o que supón que hai 251 traballadoras e traballadores máis no concello: en so un ano o paro caeu preto de 3 puntos.
A alcaldesa, Eva García de la Torre subliña que os actuáis datos de creación de emprego no Porriño "son aínda máis esperanzadores tendo en conta que en xullo de 2015, cando o actual Goberno municipal iniciara a súa xestión, había na vila 18.500 habitantes e hoxe supera os 20.000".
García de la Torre, que fuxe de calquera tipo de confianza, reitera que “a creación de emprego é a nosa primeira preocupación e o eixe esencial da nosa xestión”. Neste eido, amósase convencida que as medidas que estamos a impulsar dende a Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón, “funcionan” e lembra entre elas o programa ‘Porriño Accede’, baseado en convenios asinados entre o Concello e empresas da vila, grazas ao cal hai ducias de veciñas e veciños que volveron ao mercado laboral ou empezaron a traballar.
Do mesmo xeito, tamén están a facilitar o descenso do paro os ‘Plans de Emprego’, posibles en base a un acordo coa Deputación de Pontevedra e do investimento de máis de 60.000€ de fondos municipais no que vai deste ano.
A alcaldesa sinala, por último, como unha importante contribución á creación de emprego o feito de chegar a entendementos con outras administracións, obtendo axudas e subvencións que tiveron coma destino accións que serviron para incrementar as probabilidades de empregabilidade das veciñas e veciños do Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217