Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 06 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Patrimonio autoriza a intervención urxente na contorna do Castro de Chandebrito

A Xunta resolveu a solicitude da Comunidade de Montes de Man Común, que pediu actuar ante o risco de desprendemento das rochas próximas ao xacemento arqueolóxico na parroquia de San Xosé de Chandebrito.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de autorizar a intervención urxente na contorna do Castro de Chandebrito, na parroquia de San Xosé de Chandebrito (Nigrán).
 

En menos de tres horas, logo de ter coñecemento da urxencia da actuación, a  Xunta informou favorablemente á solicitude da Comunidade de Montes de Man Común de Chandebrito, que xustificou a intervención no perímetro do castro debido ao risco de desprendemento de varias rochas situadas nas abas sur e norte do monte onde se localiza o xacemento arqueolóxico.
 

A Xefatura Territorial de Patrimonio en Pontevedra cataloga as obras de escasa entidade e, en consecuencia, considera que non hai inconveniente para a realización das actuacións que se poidan executar. Ademais, fai mención ao carácter urxente da intervención.
 

Non obstante, na resolución recorda que deberanse tomar certas medidas de precaución para non afectar ao xacemento arqueolóxico, entre as que cita evitar movementos de terras ou modificacións da rasante natural do terreo. Por último, indica que cómpre comunicar ao Servizo de Patrimonio as medida ou características das actuacións finalmente establecidas.
 

A solicitude da Comunidade de Montes de Man Común de Chandebrito tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta ás 12.34 horas deste venres e a resolución de Patrimonio autorizando a intervención foille comunicada mediante correo electrónico as 15.11 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.