MOS
O Obradoiro “Mos Rehabilita” dá traballo a 20 alumnos
Onte presentouse na Axencia de Colocación esta acción formativo-laboral que conta cunha subvención autonómica de preto de 300.000 euros.
![[Img #36480]](upload/img/periodico/img_36480.jpg)
Onte celebrouse no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos a presentación do Obradoiro de Emprego “Mos Rehabilita”, na que estiveron presentes Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio Rial, xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Óscar Soto, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, demais membros do equipo de goberno local e alumnos/as-traballadores/as do Obradoiro e os integrantes do equipo de directivos e docentes do mesmo.
Para a realización deste Obradoiro a consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos unha subvención de 279.959,00 euros.
O Obradoiro de Emprego “Mos Rehabilita” está integrado por 5 membros do equipo directivo/docente, 12 alumnos-traballadores da especialidade construcción con novos materiais (dos cales 2 son mulleres) e 8 alumnos-traballadores da especialidade fabricación mecánica/soldadura (na que hai 1 muller), resultando un total de 20 alumnos-traballadores e 25 integrantes incluíndo ao director e ao profesorado.
Durante os nove meses de duración do Obradoiro, que comezou o pasado 11 de outubro e rematará o 10 de xullo de 2018, realizaranse obras e servizos de acabados de construción con novos materiais e fabricación mecánica.
Os acabados de construción con novos materiais que se farán son a rehabilitación do edificio municipal do departamento de Vías e Obras mellorando o aspecto exterior de fachadas e cubertas, a impermeabilización e a eficiencia enerxética; a rehabilitación e posta en marcha dos muíños da Barxa e Porteliña e a recuperación integral da cuberta e da fachada do Muíño do Cepo; así como a restauración ou reparación de elementos deteriorados de fontes e lavadoiros (do amplo listado que figura como patrimonio do Concello) para voltar á súa imaxe orixinal.
E por outra banda na especialidade de fabricación mecánica acometeranse barandillas interiores e exteriores para o edificio de Vías e Obras, construiranse os elementos necesarios para por en marcha os muíños, mellorarase a seguridade nos colexios de Atín e Pena de Francia, mellorarase a cuberta do edificio do Servizo Municipal de Emerxencias, crearase un espazo “street work out” e instalaranse paneis informativos mediante chapas metálicas e ancoraxes sobre postes metálicos para soporte de textos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129