GALICIA
Outubro rematou cunha media das temperaturas máximas máis elevada da serie histórica
Segundo o informe climatolóxico mensual de Meteogalicia, o mes de outubro foi extremadamente cálido e moi seco.
O mes de outubro deste ano rematou cunha media das temperaturas máximas máis elevada da serie histórica (4.7ºC). Esta é unha das conclusións que se recolle no informe climatolóxico publicado por Meteogalicia, no que se indica que o valor medio das temperaturas máximas foi de 22.7ºC, acadando valores máis altos (case os 29ºC) nas comarcas do Ribeiro e Carballiño.
En canto ás temperaturas mínimas, estiveron en valores normais, cunha media para Galicia de 9.9ºC, sendo os rexistros máis baixos, próximos aos 2ºC, os recollidos na comarca da Limia. Os valores máis altos, entorno aos 16ºC, déronse principalmente na comarca de Vigo
Estes valores tan elevados da temperatura para esta época do ano, debéronse á persistencia das situacións anticiclónicas e á chegada en moitos momentos de aire cálido procedente do sur.
Chuvia
As precipitacións foron moi escasas durante o mes e quedaron confinadas no período entre o 16 e o 21, polo que non soamente as cantidades de chuvia están por debaixo do normal; senón tamén o número de días de chuvia, que se situou entre os 3 e os 6, cando deberían superar os 10 nun mes de outubro normal.
A chuvia media no décimo mes do ano foi de 36 L/m2, resultado un mes de outubro moi seco en xeral en toda a Comunidade.
Ofelia
O mes de outubro quedou caracterizado polas situacións anticiclónicas, tanto nas dúas primeiras semanas do mes como nos derradeiros 10 días, e polo achegamento do furacán Ofelia. Este furacán formouse o pasado día 6, ao suroeste das Azores e estivo ata o xoves, día 12, sen apenas movemento. A partir dese momento iniciou un movemento dende Azores ata Irlanda.
O mes de outubro deste ano rematou ca media das temperaturas máximas mais elevadas da serie histórica (+4.7ºC) As cantidades de chuvia estiveron por debaixo do normal, ao igual que o número de días de chuvia, que se situou entre os 3 e os 6, cando deberían superar os 10 nun mes de outubro normal
Dado que as temperaturas superficiais da auga do mar estaban máis cálidas do normal, a súa actividade cando pasou fronte ao litoral oeste da península Ibérica, aínda era elevada. Isto fixo que ademais das altas presións, os ventos fosen fortes do sur, achegando aire cálido. Así, a xornada do 15, que foi a última dese período anticiclónico, rexistráronse nalgúns puntos as temperaturas máis elevadas de todo este período.
Tras o paso de Ofelia, as altas presións se movesen algo cara ao sur, permitindo o achegamento das borrascas que circulaban polo Atlántico norte, coas súas frontes asociadas.
Na xornada do 16 estas chuvias afectaron de xeito débil a puntos do oeste, pero na madrugada do 17 as chuvias cubriron xa todo o territorio. Esta situación de chuvias intermitentes, pero afectando a toda Galicia, volveu a repetirse nas xornadas do 18, 19 e 20, sendo o día máis chuvioso dese período o día 20.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115