Mos
Unha anciá de Mos atacada por un can
![[Img #36498]](upload/img/periodico/img_36498.jpg)
Unha muller resultou ferida hoxe en Mos tras ser atacada por un can. Os feitos ocorreron sobre as 12:30 horas deste mediodía, na Rúa Carballeira, en Cela. Foi a esa hora, cando un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba asistencia sanitaria para unha veciña maior que fora atacada por un can.
A partir de aí, dende o 112 pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias que desprazou unha ambulancia ata o lugar. Tamén, os feitos foron postos en coñecemento dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e do Servizo de Emerxencias Municipal. Finalmente, os efectivos de Protección Civil confirmaron o traslado da muller ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129