MOS
Abre o prazo de inscrición na excursión para maiores a Santiago de Compostela
A viaxe farase en tren e os participantes visitarán O Parlamento de Galicia e o casco histórico da capital galega.
A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha visita guiada ao Parlamento de Galicia e ao casco histórico de Santiago de Compostela para a poboación da 3ª idade empadroada en Mos. A viaxe, que se realizará en tren, está programada para o martes o 28 de novembro.
A saída realizarase dende o edificio Multiusos das Pozas ás 08.00 horas da mañá e o regreso farase ao mesmo punto de partida e está previsto para as 20.00 horas da tarde.
Para poder participar nesta excursión é necesario presentar a solicitude no Rexistro do Concello ou na Omix, do 10 ao 20 novembro. As prazas son limitadas e serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.
A listaxe de admisión farase pública o 21 novembro a partir das 09.00 horas. O prezo da viaxe é de 30 euros por persoa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149