O PORRIÑO
A alcaldesa e o concelleiro de Medio Ambiente reuníronse cos afectados polas obras contaminadas por lindano
A alcaldesa e o concelleiro de Medio Ambiente, Marcelino Coto, reuníronse este mércores con veciños afectados polos traballos de saneamento que viña de realizar a Concellería de Vías e Obras no lugar do Contrasto, en Torneiros, no que se atopou unha contaminación de terras por depósito de lindano.
Eva Garcia de la Torre e Marcelino Coto, explicáronlles que o Goberno do Porriño está a traballar en colaboración coa Xunta de Galicia, que é a responsábel na materia e leva a iniciativa nesta situación, e que se puxo en contacto co Concello o pasado día 27 de outubro para informar dos datos que tiña, logo da aparición desta terra contaminada con lindano.
A Xunta, que ten as competencias en Medio Ambiente, autorizou ao Concello para pechar esta obra con asfalto o que evitará os cheiros e as emanacións de fluídos tóxicos.
“Informamos aos veciños de que o Goberno de Galicia, por medio da empresa AP Plus, obtivo distintas mostras, tanto de terras coma de augas, para realizar unhas análise e que o Concello está a agardar polo resultado das mesmas”, sinala García de la Torre.
A alcaldesa comprometeuse cos veciños a darlles a información no mesmo momento en que a Xunta a facilite ao Concello, “manteremos xuntanzas periódicas con eles” e o Goberno municipal seguirá de preto o estado de saúde dalgún dos que manifestou algunha reacción alérxica, “que aínda non está confirmado que puidese deberse ao lindano”.
Agardando os resultados da analítica, e as recomendacións dos técnicos da Xunta, o compromiso do Goberno Municipal é o de manter informados aos veciños e “estar a súa disposición para darlles solución habitacional ou calquera outra que precisasen se a situación o requirise”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149