Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 11 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos proxecta unha importante humanización na parroquia de Cela

A obra mellorará a Estrada Generoso Domínguez no tramo que vai dende Gatesente ata a Igrexa de San Pedro.

[Img #36597]

 

Onte pola tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o equipo de goberno local mosense ofreceron unha charla informativa na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado de Cela durante a que se abordou o novo proxecto de humanización de Gatesende á Igrexa, que constitúe unha iniciativa moi ilusionante para administración local e tamén para a veciñanza da parroquia de Cela. Ademais estivo presente un técnico municipal do departamento de Urbanismo para explicarlles con concreción aos asistentes todos os detalles da obra.


A rexedora local mosense explicou que “esta é a cuarta do Plan de Humanizacións proxectado polo equipo de goberno local para a presente lexistatura, sendo as tres anteriores as de Sanguiñeda, As Pozas e Puxeiros”. Neste sentido Arévalo informou á veciñanza de Cela de que “unha vez realizadas as humanizacións das principais zonas urbanas do municipio, dende o Concello estamos intentando que todas as 10 parroquias de Mos teñan alomenos unha zona rural humanizada, -tal é o caso desta humanización en Generoso Domínguez-, aínda que sabemos que é un obxectivo custoso que se logrará a longo prazo”. As zonas rurais que se pretenden humanizar son as máis transitadas de cada parroquia, as que soportan un maior fluxo de veciños tanto a pé como conducindo, tal é o caso dos lugares nos que se atopan ubicadas as respectivas igrexas parroquiais, centros culturais, asociacións veciñais, etc. Con estas humanizacións continuarase tamén co obxectivo perseguido polo Plan de Sendas iniciado no Concello (Atín, Torroso, senda circular Petelos-Tameiga, etc.) facendo as estradas do municipio máis accesibles e seguras para peóns ou viandantes.


Así mesmo tratáronse tamén durante a reunión de onte outros temas xerais de interese municipal e asuntos varios da parroquia de Cela. Os presentes puideron aproveitar para formular as preguntas que consideraron e/ou plantexar necesidades da parroquia. É por elo que este encontro resultou altamente produtivo tanto para a veciñanza como para a administración local mosense.


A obra presentada suporá a humanización da Estrada Generoso Domínguez desde la PO-331 ata a Igrexa de San Pedro de Cela. Dita obra incluirá actuacións de acometida de nova beirarrúa de 2 metros de ancho e 623 metros de lonxitude por un lado da estrada, 280 metros de muros de contención, instalación de nova iluminación led, mellora do drenaxe de pluviais (colectores), soterramento de redes de servizos de subministro de electricidade e telefonía, mellora de sinalización e seguridade vial con lombos, e paso de cebra elevado.


A inversión total que requerirá a execución deste proxecto ascende a 500.000 euros para os que o Concello de Mos se atopa na busca de financiación supramunicipal por parte doutras administracións.


Nesta obra o Concello de Mos asumirá os custes da urbanización con unidade de criterio do vial, algo que correspondería aos particulares nas frontes das súas parcelas e que, deste xeito, suporalles un importante aforro aos mesmos e permitiralles deixar as súas parcelas dentro de ordenación municipal (dacordo ao novo PXOM) con aforro para estes particulares a cambio da cesión dos terreos, nos casos necesarios.


Os obxectivos desta actuación son mellorar a mobilidade peatonal e accesibilidade, aumentar a seguridade vial e renovar a sinalización e iluminación.


A Estrada Generoso Domínguez, entre a PO-331 e a contorna parroquial de San Pedro de Cela é un viario transitado por vehículos e peóns, cun ancho estreito, duns 5 metros e carente de beirarrúas. Por iso, o Concello de Mos cre necesario mellorar a seguridade do viario e humanizar a contorna nunha primeira fase, o que inclúe a execución dunha nova beirarrúa de 2 metros de ancho na marxe esquerda (parte Norte do viario) no espazo definido para a infraestrutura viaria no PXOM vixente. Esta nova beirarrúa permite aumentar a seguridade dos peóns así como mellorar nalgúns puntos o trazado viario.


Outras medidas que expón o Concello para mellorar a seguridade son o deseño de nova iluminación eficiente, a mellora da drenaxe, o soterramento das redes de servizo aéreas e a mellora da sinalización e redución da velocidade con Reductores Físicos de Velocidade. Ademais de, por suposto, execución de firmes e pavimentos.


Como actuacións previas de obra é necesario realizar as seguintes actividades: limpeza e roza dos bordos do viario, desmonte e retirada de sinais verticais, demolición de soleiras ou pavimentos de formigón, fresado ou levantado do pavimento viario, demolición de obras de drenaxe lonxitudinal (cunetas de formigón e colectores) que están na traza das novas beirarrúas, demolición de muros e movemento de terras.


Unha vez iniciadas, estímase un prazo aproximado para as obras de 3 meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.