GALICIA
A Marea Feminista solicita a retirada da campaña da Xunta do 25N
“O máis grande de Galicia non se maltrata” é o lema da campaña institucional da Xunta de Galicia co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Na campaña, presentada pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, preséntase ás mulleres galegas como “xigantes” que se sobrepoñen a todas as adversidades. Así, comparadas cos principais monumentos das catro provincias galegas, tres mulleres de diferentes idades protagonizan a campaña.
Desde a Marea Feminista (En Marea) explican que "non podemos deixar pasar esta oportunidade de denunciar como a Xunta segue sen entender o que significa realmente a violencia machista, sacando campañas como esta que nada teñen que ver coas nosas reivindicacións".
Aseguran que a campaña da Xunta "non aborda nin as causas da violencia machista, nin o machismo, nin as posibles solucións, nin medidas concretas no ámbito da prevención, a educación... esenciais para rematar con este tipo de violencia. Sinxelamente amosa unha exacerbada cousificación das mulleres, así como un paternalismo patriarcal do máis rancio"
Desde a Marea Feminista pensan que "é unha campaña superficial que evita, intencionadamente, abordar a raíz da violencia machista entre outros motivos porque a campaña parte dun goberno que non toma en consideración e descoñece os argumentos feministas, as verdadeiras causas da violencia machista, a importancia da educación, a formación e a sensibilización. Polo tanto, son incapaces de aportar solucións cun mínimo de sentido e proxeción de futuro. Non se combate o machismo dun xeito eficiente e continuado, non se inviste en medidas de prevención, non se poñen os recursos e servizos existentes para rematar con esta lacra… "
Así desde a Marea Feminista emprazan á Xunta de Galicia "a redirixir o sentido desta campaña, a escoitar ás organizacións, asociacións feministas… e deixarse aconsellar para levar adiante unha campaña acorde á temática, sen paternalismos nin proteccionsimos, contando coas maiorías sociais para facer políticas efectivas, non propaganda".
En Por último a Marea Feminista solicita "a retirada desta campaña da Xunta tal e como está proposta ao entender que non reflicte nin achega nada positivo, ao contrario, desvaloriza a posición das mulleres na sociedade".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115