GALICIA
A Xunta incrementará o persoal dos xulgados especializados en cláusulas chan da Coruña e Vigo
O vicepresidente, Alfonso Rueda, participou hoxe na reunión da comisión de coordinación entre o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), o Ministerio de Xustiza, e as comunidades autónomas con competencia na materia.
![[Img #36682]](upload/img/periodico/img_36682.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que se incrementará o persoal de reforzo dos xulgados especializados en cláusulas chan da Coruña e Vigo, con dous funcionarios máis para cada un deles.
Así o adiantou hoxe o vicepresidente tras a reunión da Comisión de coordinación entre o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas con competencias na materia, onde reiterou de novo o compromiso da Administración autonómica galega a colaborar e apoiar dentro das súas competencias as decisións que tome o CXPX, dotando aos xulgados do persoal de reforzo que sexa solicitado polo poder xudicial.
Os 4 novos funcionarios da Coruña e Vigo sumaranse aos 3 que xa estaban traballando actualmente en cada un destes xulgados especializados. Con esta medida, Galicia sitúase por encima da media do resto das comunidades autónomas en materia de reforzo.
Ademais, o vicepresidente agardou que, en consonancia co esforzo que está a facer a Xunta, o Ministerio tamén aumente os seus medios nestes xulgados, sempre que así o decida o CXPX.
Actualmente, en Galicia xa hai practicamente 5.000 casos de cláusulas chan, que se atopan especialmente concentrados nos xulgados da Coruña e Vigo, con máis de 2.000 casos en cada unha destas cidades.
O obxectivo da reunión de hoxe era precisamente avaliar o funcionamento destes xulgados e dar cumprimento tamén así ao acordo acadado de facer xuntanzas de seguimento tras a súa posta en marcha.
No seu momento, o CXPX decidiu especializar un xulgado por provincia para atender, de maneira exclusiva pero non excluínte, todos os casos que fosen entrando nesa provincia. Pola súa banda, a Xunta sempre defendeu establecer uns sistema similar ao posto en marcha polas preferentes, que se corresponde tamén coa demanda dos xuíces galegos. En calquera caso, a Xunta acatou e respecta a decisión do CXPX, polo que se seguirá colaborando para apoiar o labor deste xulgados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85