PONTEAREAS
Escolares e comerciantes dín “Non” ás violencias machistas
A Concellería de Igualdade realiza diferentes actividades de concienciación contra a violencia de xénero.
![[Img #36683]](upload/img/periodico/img_36683.jpg)
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, realiza esta semana varias actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Ao longo destes días, os e as cidadáns poderán ver nos escaparates e mostradores do comercio de Ponteareas as ilustracións do II Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero realizados polos escolares dos centros públicos e concertados de Ponteareas o ano pasado. Nesta edición, arredor de 180 locais comerciais de Banastra quixeron amosar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero.
O día 17 ás 16:30 horas terá lugar a xornada multidisciplinar contra a violencia machista
O concurso establece duas categorías, primaria e secundaria. O vindeiro 25 de novembro terá lugar a entrega dos premios aos gañadores da tercera edición no salón de plenos do Concello de Ponteareas consistentes nunha tablet e material escolar. Ademais, ás 11 horas os alumnos do IES Val do Tea, do IES do Barral e do IES Pedra da Auga lerán o manifesto redactado por eles mesmos.
Toda a cidadanía implicada
O venres 17 de novembro a partir das 16:30 horas terá lugar no salón de plenos a xornada multidisciplinar contra a violencia machista. Ao acto asistirán, ademais do Alcalde de Ponteareas e da Concelleira de Igualdade, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a Deputada de Igualdade Isaura Abelairas.
A Concelleira de Igualdade convida a todos os veciños e veciñas a participar nesta xornada na que intervirán un representante da Comisión Especial de Violencia de Xénero da Garda Civil, Carlos Tajes; a orientadora laboral, Isabel Ilán, a avogada especialista en violencia de xénero, Isabel Blanco e Alicia Peralejo, Presidenta de CEAVIGAL (Centro de Acción contra a Violencia de Galicia).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22