Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 15 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Concellos do sur de Pontevedra deberán reducir nun 10% os consumos de auga

O director de Augas de Galicia presidiu unha nova reunión de coordinación cos concellos que se abastecen do sistema do río Verdugo Baíña e Lagares e dos ríos de Oia, O Rosal, que verten á Costa Atlántica, na que lles trasladou este obxectivo concreto sobre os seus usos e consumos.

[Img #36713]

 

A Xunta de Galicia ven de instar aos concellos que se abastecen dos sistemas hidrolóxicos do sur da provincia de Pontevedra a reducir nun 10% os consumos non esencias nos próximos dez días. Esta foi unha das decisións que o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, trasladou onte aos concellos afectados pola activación da alerta por seca no sistema dos ríos Verdugo, Baíña e Lagares (Sistema1) e dos ríos de Oia, O Rosal, que verten á Costa Atlántica (Sistema 2), cos que mantivo unha nova reunión de coordinación.

 

Tamén indicou que se esta situación non varía, esta porcentaxe irase incrementando ata un 35%, co fin de estar preparados para a toma de decisións, en caso de maior gravidade. Nese sentido, recomendou aos concellos, como administracións competentes das redes de abastecemento, adoptar as medidas necesarias para acadar esta redución e poder así   alongar os recursos cos que se conta, dado que hai marxe, a pesar de que os encoros contan cun 15% menos dos recursos medios propios desta época do ano.

 

Trasladou que os sistemas do sur da provincia de Pontevedra son os que máis preocupan, porque non rexistran as choivas que si se recolleron noutros puntos de Galicia ao longo destas últimas semanas. Nese sentido, indicou que é esencial coñecer os datos relativos ao Concello de Vigo, unha cuestión moi importante polo peso que o consumo desta cidade ten para o sistema, é dicir, se non se coñece o volume de usos non prioritarios non se ten a información suficiente para axustar os industrias, puxo como exemplo o director de Augas de Galicia, quen lembrou que estes datos pedíronse xa en dúas ocasións, a primeira o pasado 17 de outubro.

 

 

 

 

Roberto Rodríguez trasladou a colaboración da Xunta para adoptar a decisión máis acertada para solventar as posibles incidencias de cada municipio

 

 

 

 

Para a xestión de alerta por seca na Demarcación Hidrográfica Galicia Galicia-Costa conta cun Plan da Seca, elaborado pola Xunta, no que se establecen medidas e protocolos a seguir en cada situación na que se atopan os recursos hídricos da zona. Así, Rodríguez indicou que as medidas que se deben adoptar agora céntranse na redución dos consumos non esenciais. “Non obstante, lembrou que Augas de Galicia ten feito un axuste no río Oitavén, que consiste en que o caudal que sae do encoro de Eiras sexa o que mesmo que chega o embalse, é dicir, que o río manterá o mesmo caudal augas arriba e augas abaixo do embalse de modo que no afecte ao ecosistema fluvial mais do que o está a facer a propia seca. Precisou que “antes de retirar auga ao río existen outras medidas a poñer en marcha”,  matizou.

 

Roberto Rodríguez insistiu que na actualidade o abastecemento á poboación está garantido, pero que este non é ilimitado. Recordou que a situación actual de alerta é consecuencia dunha evolución progresiva, que se iniciou coa declaración de prealerta o pasado ano, e da que Augas de Galicia informou puntualmente. Lembrou que en maio xa se recomendou aos concellos a adopción de medidas para o control dos recursos hídricos, polo que se a situación non revirte será necesario avanzar na redución dos consumos non esenciais, na redución de caudais e, por último, alterar a capacidade de abastecemento á poboación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.