Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 19 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño, “Concello Doing Business” a proposta dos populares

A adhesión ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp ten como obxectivo fomentar a implantación e fixación de empresas no municipio.

[Img #36745]

 

O pleno do Concello do Porriño aprobou a semana pasada, a instancia do Partido Popular, a adhesión ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp “Concellos Doing Business Galicia”.


O obxectivo último desta adhesión, según informou o presidente dos populares M. Alejandro Lorenzo, é “fomentar a implantación e fixación de empresas no municipio”. A través deste convenio ofreceranse máis incentivos fiscais, simplificación administrativa e facilidades de acceso ao solo empresarial para “incentivar a implantación de empresas no Porriño”.


Entre os incentivos están a bonificación de ata o 95% (ata o 95% de bonificación cando se creen máis de 20 postos de traballo; como mínimo o 75% cando sexan entre 11 e 20 empregos; e como mínimo do 50% pola creación de ata 10 empregos) no IBI, IAE e ICIO a “aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes, sempre e cando garantan a creación de emprego”, explica Lorenzo.

 

 

 

 

Recollénse bonificacións en impostos e taxas dirixidas a ampliar o tecido industrial e ao fomento do emprego

 

 

 

 

Tampouco esixirán taxa por licencia de obra e apertura en todos os proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes, que conleven a creación de novos postos de traballo e o seu código CNAE corresponda con algunha actividade económica incluida no eido da Industria 4.0 e a RIS3. Ademáis, a concesión das licenzas de obra maior terá un prazo máximo de 30 días naturais desde que o concello dispón de todos os informes. “Con respecto ao solo empresarial, fixaranse prezos competitivos establecendo bonificacións e incorporará a súa oferta o dereito de superficie”, sinala M. Alejandro Lorenzo.

 

Ao mesmo tempo, e de acordo con este convenio marco, Lorenzo salientou que ao ser Concello Doing Business O Porriño “beneficiarase das medidas que a Xunta poña en marcha para apoiar o tecido empresaral”, é dicir, naquelas axudas autonómicas destinadas a impulsar a industria, o emprego ou o emprendemento e “terá preferencia cando as convocatorias sexan en réxime de concorrencia competitiva”.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.