NIGRÁN
A Deputación subvencionará con 1,5 M € a nova biblioteca pública para Nigrán
O proxecto para a súa construción conta cun orzamento total de 1.849.525 euros dos que a Deputación asumirá o 80%, tendo que licitarse antes de xuño de 2018.
![[Img #36720]](upload/img/periodico/img_36720.jpg)
A Deputación de Pontevedra subvencionará nun 80% a construcción dunha nova biblioteca pública para Nigrán, orzamentada segundo o proxecto nun total de 1.849.525 €. En total, o organismo provincial aportará 1.479.620 € procedentes da súa liña axudas para a mellora dos equipamentos, servizos ou dotacións singulares dos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes, sendo Nigrán a localidade da comarca de Vigo co proxecto de maior contía. Esta deberá estar en fase de licitación antes de xuño de 2018 e executada antes de xuño de 2019.
"É a mellor noticia para Nigrán; o goberno apostou forte por unha nova biblioteca acorde ás necesidades actuais e futuras do municipio e agora xa temos a financiación para levala adiante; precisamente aceleramos a contratación do proxecto e a súa entrega ao máximo co fin de poder optar a esta axuda que acabamos de obter e que significa unha oportunidade única", manifesta o alcalde, Juan González.
Trátase dun edificio bioclimático de catro plantas de altura con 1.260 m2 totais de superficie situado nunha parcela municipal ao carón da estrada pola vía
Así, tal e como xa se anunciara, o novo edificio se plantexa nunha parcela municipal (FR-5) de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, fronte a rúa do Panasco) nun lugar facilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado e que foi consencuado previamente cos grupos políticos e técnicos municipais. O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que se poidan crear duplicidade de entradas, con accesos tanto dende a planta baixa como dende a primeira, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Dende o punto de vista urbanístico, a construción xera unha praza cuberta que comunica co gran patio existente e que, ao mesmo tempo, supón unha zona previa á entrada da biblioteca por planta baixa.
O proxecto do estudio Gándara#Pons contempla un edificio de catro alturas de planta irregular e cunha superficie total construída de 1.260 m2 (a actual biblioteca do Cean ten 120 m2) e clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental.
"É a mellor noticia para Nigrán; o goberno apostou forte por unha nova biblioteca acorde ás necesidades actuais e futuras do municipio e agora xa temos a financiación para levala adiante", resume o alcalde, Juan A.González
Cun deseño de liñas modernas e sobrias adaptado á morfoloxía da parcela, a fachada se plantexa de granito e morteiro de cal e a xeometría da planta responde á propia forma do solar. O edificio consta de catro andares: na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na pranta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos; e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior.
"O espazo se multiplica con respecto a actual do Ceán dando cabida a usos que actualmente non existen e permitindo rexenerar a praza exterior, á que estará directamente ligada cun acceso cuberto para darlle continuidade", incide González.
Actualmente, a Biblioteca Municipal de Nigrán ten preto de 4.000 socios e recibe máis de 8.000 visitantes cada ano. Para facerse socio tan só é necesario encher unha ficha de inscrición na propia instalación ou ben vía telemática, é de balde e non é necesario estar empadroado en Nigrán para poder gozar dos seus servizos. Conta con 43.800 volumes consultables por Internet no catálogo informatizado en liña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115