PONTEAREAS
Máis de catrocentos escolares participan no Cross Escolar de Guláns
Organizado por ADECONPAR en colaboración co Concello de Ponteareas e a Fundación Guláns co obxectivo de fomentar o deporte, hábitos de vida saudables e a confraternización dos mozos e mozas das dúas comarcas.
![[Img #36723]](upload/img/periodico/img_36723.jpg)
A Asociación Deportiva Escolar do Condado e da Paradanta (ADECONPAR) organiza en colaboración co Concello de Ponteareas e a Fundación Guláns o Cross Escolar que terá lugar este venres 17 de novembro a partir das 10:30 horas.
Ao acto de presentación asistiron o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez; Florencio Porto da Fundación Guláns; Daniel Benavides, xefe territorial de Deportes; José Luis Soto coordinador da actividade e Ángel e Borja membros de ADECOMPAR.
No cross escolar que se celebra dende o ano 2009 no marco do programa Xogade da Xunta de Galicia, participan arredor de 440 alumnos e alumnas dos centros escolares do Condado e da Paradanta.
O alumnado de quinto e sexto de primaria competirá nun circuíto de 550 metros percorrendo un total de entre 1200 e 1500 metros dependendo da categoría na que compita (alevín ou infantil).
Co obxectivo de potenciar a práctica de deportes, de fomentar a convivencia entre a xuventude das dúas comarcas e de promocionar os hábitos saudables, a organización ofrecerá aos participantes un avitullamento a base chocolate e rosquillas no que os mozos e mozas poderán confraternizar e gozar dunha xornada de deporte e lecer.
Benito Márquez, concelleiro de Deportes, sinalou “a importancia de que actos deportivos deste calibre se celebren tamén nas parroquias, xa que son unha maneira máis de dinamizar estas zonas e de mostrar as boas instalacións coas que conta a nosa vila”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101