Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 17 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Pontellas celebra a súa decimo cuarta edición da Festa da Zorza

[Img #36743]

 

O vindeiro día 19 de novembro celebrarase a XIV Festa da Zorza na parroquia de Pontellas, O Porriño. Os actos comezaron o pasado martes coa preparación do adobo de máis de 700 quilos de carne de porco, as racións o igual que anos anteriores serán a 6 € que inclúe pan, viño e a exquisita zorza (obsequio de cunca e prato barro). A organización espera repartir máis de 2.000 racións entre todos os veciños que se acerquen a degustar esta tapa de zorza frita e que se servirá tamén en empanada.

 

En palabras da presidenta Rosa Ángela “Esperamos contar co mesmo ou máis publico que anos anteriores, xa que a festa gastronómica da nosa parroquia estase afianzando co paso das edicións e cada ano contamos con máis persoas que veñen a degustar a nosa zorza”.

 

Este ano repetirá como pregoeira, a novelista da parroquia Sandra Estévez Calvar. Na xornada tampouco faltará a música tradicional galega, xa que actuarán tres agrupacións desta parroquia, o Grupo de Gaitas de Pontellas “Nordesía”, cantareiras “Vaicheboa” do CC de Pontellas e a Rondalla de Pontellas.

 

O lugar elixido  para a cita gastronómica é o recinto da Asociación do Centro Cultural de Pontellas. A degustación da zorza e da empanada comezará a partir das 11:30 horas da mañá ata as 14:30 horas da tarde.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.