Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 19 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Campaña Contra a Violencia de Xénero Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra Contra a Violencia de Xénero.

[Img #36726]

 

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño entregará os premios  do Concurso de Slogans Contra a Violencia de Xénero, que organiza en colaboración co IES, e no que participan mais de 200 nenos e nenas. Deste concurso sairá o slogan  gañador co que se  elaborará marcadores de páxina e co se fará unha campaña de concienciación, enfocada en gran medida a poboación máis nova do municipio e co que se busca mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista.

 

Ademais este ano o municipio adheriuse a campaña “En negro contra a violencia” para intentar visibilizar aínda máis esta repulsa e dar tamén a opción a todos/as os/as que queiran a que se sumen, poñendo carteis nos comercios, vestindo os escaparates en negro, pondo panos negros nos balcóns...., en xeral mostrando a súa repulsa a estes actos.

 

Co lema do ano pasado, a “Liberdade non ten propiedade” elaborouse tamén este ano unhas pulseiras que simbolizan o rechazo a esta lacra social e que serán repartidas o día 24 de novembro, día escollido polo Concello para facer entrega destes premios, entre todas/os as/os asistentes aos diversos actos en conmemoración do día contra a Violencia de Xénero. Actos que comezarán ás 12.00h no salón de Plenos onde se fará entrega dos premios, a continuación  gardarase un minuto de silencio na Praza do Concello que se rompera coa actuación dos  nenos e nenas do IES que cantarán dous temas para visibilizar a problemática da violencia e da discriminación por motivos de xénero, ao tempo que o grupo de teatro do IES de Salvaterra fará unha lectura e interpretación de textos poéticos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.