MOS
A alcaldesa aegura que os traballadores perderán melloras da RPT "por un recurso de GañaMos"
A sentencia aféctalle a máis da metade da plantilla do Concello.
![[Img #36732]](upload/img/periodico/img_36732.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Persoal, Sara Cebreiro, e demais membros do equipo de goberno local convocaron onte a unha reunión urxente que se celebrou á última hora da mañá no salón de actos da Axencia de Colocación mosense a todo o persoal traballador do Concello de Mos para comunicarlles a sentencia do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra sobre o recurso presentado polo grupo municipal GañaMos sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo, RPT, aprobada definitivamente en sesión plenaria de 25 de abril de 2016.
Dito recurso foi estimado polo Xulgado declarando a modificación da RPT nula de pleno dereito, o que implica a "inminente derogación de tódalas melloras laborais acadadas na mesma grazas á devandita modificación (xa que ningún traballador se viu afectado nin agraviado pola modificación, todos/as eles/as ou mantiveron a súa situación ou resultaron beneficiados). Esta sentencia afecta a máis da metade da plantilla municipal mosense, tanto económicamente como no que respecta ao recoñecemento de funcións departamentais" segundo explican dende o Concello.
A este respecto a rexedora local, Nidia Arévalo, considera que “é moi triste que a práctica totalidade dos traballadores/as municipais se vexan seriamente perxudicados laboralmente polo afán de GañaMos de defenestrarme políticamente e, nesa obsesión de querer botarme da Alcaldía, non teñen miramentos en levarse por diante a quen sexa necesario”. “Os verdadeiramente perxudicados con esta sentencia son os traballadores e con esta actuación de GañaMos o que veñen a demostrar unha vez máis e a súa falta de sensibilidade e as ansias de medrar políticamente a calquera prezo”, declarou Arévalo.
“Cómpre ademais destacar que o recurso non naceu de ningún traballador/a nin de ningún sindicato que decidisen emprender accións legais contra a RPT, senón do grupo político GañaMos que, vala a redundancia, presentouno única e exclusivamente por fins políticos e non por interese polos traballadores/as”, insiste a alcaldesa.
A decisión do goberno local é a de acatar a sentencia e anular de inmediado os cambios e modificacións aprobadas na última RPT, así como presentar recurso ante o Contencioso "para evitar que os traballadores/as afectados/as teñan que devolver a mellora salarial que viña repercutindo nas súas respectivas nóminas dende a aprobación da modificación da RPT". Ademais o Concello de Mos aseguran que "leva xa dende fai un ano traballando nunha nova mellora da Relación de Postos de Traballo e actualmente unha empresa está a realizar os labores necesarios para a nova optimización". A rexedora Nidia Arévalo anunciou a este respecto que "espera que o vindeiro mes de xaneiro poida estar aprobada a devandita modificación".
Esta empresa que se encargará da redacción da mesma mantivo xa reunións con todos os traballadores e traballadoras para sondear as necesidades e opinións respecto dos diferentes departamentos municipais.
Tras o verán xa se celebrou unha reunión cos sindicatos sobre esta nova mellora do documento da RPT do Concello de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191