Dando continuidade á senda polo Miño
Tomiño instala a ponte sobre o río Pego
Cun orzamento de 65.000 euros, a pasarela estará operativa a vindeira semana despois de colocar as ancoraxes e de realizar as probas de carga.
![[Img #36739]](upload/img/periodico/img_36739.jpg)
O Concello de Tomiño acaba de colocar unha pasarela de madeira sobre o río Pego, o que permitirá darlle continuidade á actual senda polo río Miño e perfilar o futuro sendeiro que permitirá comunicar a vila con Tui.
Cun orzamento de preto de 65.000 euros, os técnicos colocaron este martes a ponte e durante os vindeiros días procederán a facer a ancoraxe da pasarela e as probas de carga para comprobar que se compren as normas. A ponte estará operativa a vindeira semana despois de rematar os accesos por ambas beiras da ponte para salvar o desnivel coa senda.
Trátase dunha rota cun alto valor paisaxístico, histórico e turístico da comarca que recupera un antigo sendeiro que a veciñanza leva empregando dende sempre e que percorre a ribeira do Miño. O obxectivo é dar acceso directo ao Miño respectando as directrices marcadas pola Red Natura e poñendo a disposición da cidadanía unha senda co mínimo impacto medioambiental, acondicionado con listóns de madeira e zahorra de canteira e que conte coa sinalización que informe sobre a flora e a fauna da zona.
En total serán uns 10 quilómetros de sendeiro que porán en valor o patrimonio medioambiental do concello de Tomiño e permitirá aos veciños e veciñas percorrer un espazo idóneo para a práctica do exercicio deportivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215