O PORRIÑO
Técnicos de Medio Ambiente falarán cos afectados polo lindano mañá venres
A alcaldesa mantivo este mércores unha xuntanza en Santiago con responsábeis e técnicos da Consellería de Medio Ambiente para coñecer, en primeira persoa, os resultados das analíticas realizadas e as medidas adoptadas polo Goberno de Galicia no Contrasto, logo da aparición de lindano nunha obra de saneamento que se estaba a realizar neste lugar da parroquia de Torneiros.
Así mesmo, Eva García de la Torre, como xa fixera o Goberno local logo de manter unha reunión coa comisión dos veciños o pasado día 8, reiterou a demanda de que técnicos da Xunta de Galicia, que ten a competencia no tratamento desta filtración, tivesen unha xuntanza con eles e con representantes municipais, e conqueriu que a mesma teña lugar no salón de Plenos do Concello o vindeiro venres,día 17 de novembro, ás 6 da tarde.
García de la Torre subliñou que,“como nos comprometemos cos veciños, seguiremos transmitíndolles todas as novidades que nos comunique a Xunta de Galicia” en resposta as esixencias de información feitas polo Goberno municipal, principalmente a aqueles residentes no Contrasto que so poden abastecerse por medio de pozo que, como se sinalara o pasado luns nunha convocatoria no Concello, á que asistiron 75 familias da zona, son os que poderían verse máis afectados por posíbeis filtracións de lindano a auga.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129