Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 21 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Unidade mobil de doazón de sangue o vindeiro xoves en San Eleuterio

Os mosenses interesados en colaborar poderán acudir en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas.

[Img #36753]A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue terá unha das súas unidades móbiles desprazada en Mos para recoller doazóns de sangue da poboación mosense o vindeiro xoves, 23 de novembro, na urbanización de San Eleuterio, parroquia de Tameiga, en horario de 15:30 ás 21:00 horas.

 

Dende o Concello de Mos e a Axencia Galega de Doazón agradécese anticipadamente aos veciños/as colaboradores/as a súa constante colaboración, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.

 

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, dependente da Consellería da Sanidade, que integrou o Centro de Transfusión de Galicia, envía compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os hospitais de Galicia para atender a actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

 

Os hospitais precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día. Dez unidades móbiles percorren os concellos para atender as persoas que desexan realizar este acto altruísta. As doazóns de sangue recollidas nas unidades móbiles e nos locais de doazón situados nas sete grandes cidades, envíanse a diario ás dependencias centrais en Santiago para o seu procesamento, análise e conservación.

 

Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, cada día, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para atender a todos os pacientes. O sangue non se pode fabricar e todos os días é vital para enfermos que se teñen que operar, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, para realizar transplantes de órganos, para axudar a enfermos de cancro ou leucemia,...

 

Grazas ao esforzo colectivo, Galicia leva 16 anos acadando a taxa de doazón que recomenda a Organización Mundial da Saúde. A OMS recomenda de 40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes para cubrir as necesidades dos hospitais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.